Para inscribirse na actividade é preciso apuntarse previamente a través da web municipal
Tomiño, 27 agosto de 2021
O Concello de Tomiño, a través da Oficina municipal de información xuvenil (OMIX), organiza un Obradoiro de Lettering e Caligrafía.
O curso, de nivel iniciación, está dirixido preferentemente a persoas de entre 12 e 35 anos, e desenvolverase en cinco sesións de dos horas cada unha, a partir do día mércores 15 de setembro, no edificio da OMIX (Campo da Feira).
O lettering é a arte de crear composicións con letras derivadas. As persoas que se apunte terán a oportunidade de iniciarse no mundo desta disciplina, conseguindo manexar as primeiras ferramentas para personalizar tarxetas de felicitación, portadas de traballos, letreiros, etc.
O obradoiro ten un custe de 15 euros co material incluído. As persoas interesadas poden atopar toda a información e inscribirse na páxina web do Concello (tomino.gal).