Alternativa por Mondariz pide a retirada desta obriga, incluída nas bases que acaba de publicar o goberno municipal, e insta a recuperar o modelo de subvencións nominativas con criterios objetivos
O grupo de goberno BNG-PSOE vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (05.10.2021) as “Bases reguladoras para a convocatoria de subvencións ás asociacións do ámbito veciñal, para actividades socio-culturais realizadas durante o ano 2021”.
O art. 9 destas bases establecen que “as entidades subvencionadas ao amparo destas bases quedarán obrigadas a colaborar co Concello naquelas actividades que este organice cando lle sexa requirido”, o que supón unha obriga impropia, xa que as asociacións “non poden ser obrigadas a colaborar coa administración nas actividades que esta organice. Outra cousa é que, de forma voluntaria, queiran facelo, pero non por imperativo legal”, sostén Xoán C. Montes Bugarín, portavoz de AporM.
Subvencións nominativas
O portavoz do grupo máis votado nas eleccións municipais e con maior representación na corporación, insta ao goberno municipal a retomar o sistema de subvencións nominativas “para evitar a burocratización na xestión das axudas”, un sistema que estivo vixente no mandato anterior, cando era alcalde Montes Bugarín. “Este sistema era áxil, ao tempo que obxectivo, e proba diso é que non provocou queixas por parte de ningunha asociación veciñal ou cultural. O asociacionismo mondarizán non ten persoal administrativo, polo que o sistema que quere instaurar o Concello non se corresponde coa nosa realidade social”.
Recorte de ayudas
Calis fai un chamamento ao goberno para recuperar as subvencións nominativas que percibían as asociacións culturais e deportivas de Mondariz, que sufriron unha imporante baixa coa chegada á alcaldía de BNG e PSOE. “A modo de exemplo, a Banda de Música pasou de recibir 11.000 € anuais no mandato anterior a 9.900 €, o que supón un obstáculo máis para a directiva, que traballa arreo por manter a actividade da banda en Mondariz”, destacou o portavoz de AporM.