Os socialistas de Salvaterra conseguen a creación de axudaspara a conciliación

PSdG Mos A Nova Peneira

No pasado pleno os socialistas propuxeron a creación, por concorrencia competitiva,dunha bolsa de axudas a usuarios de comedor e aula madruga

No Pleno do pasado luns os socialistas de Salvaterra presentaron 2 mocións, unha para a creación de axudas para os usuarios das aulas comedor e aula matinal e outra referente ao colectivo de traballadores e traballadoras,para mellorar a súa situación laboral e de dereitos de representación sindical.

A moción para a mellora das traballadoras e traballadores non foi adiante poro partido de gobernoopoñerse a ditas medidas. En palabras do portavozsocialista municipal, Félix González, “Non propuxemos nada que non se axustase a lei. Somos conscientes de que certas medidas como a elaboración da RPT pode crear tensións, pero levamos 2 intentos e non supuxo ningún avance”.Solicitaron tamén os socialistas que as produtividades sexan coñecidas por todos e todas as traballadoras e o comité dos empregados laborais, tal e como establece a lei. Tamén,dentro das medidas que pretendían aprobar os socialistas se atopaban unhas condicións dignas e uns vestiarios onde poder cambiarse e/ou asearse, instar a negociar un convenio que mellore as condicións laborais dos empregados públicos e,por último, que as horas extras, se paguen segundo o acordado. A todas estas medidas o goberno municipal votou en contra.

Por outro lado, a moción que insta a crear, coa maior brevidade posible, unhas axudas a conciliación, foi aprobada por unanimidade da corporación municipal. Estas axudas irían encamiñadas a sufragar partedo custode comedores e aula matinal, xa que moitas familias non teñen outra alternativa para poder conciliar a súa xornada laboral coa xornada escolar dos máis pequenos. “Esperemos que lle dean a maior prioridade na tramitación, pero iso non depende do grupo socialista” afirma Félix González, portavoz municipal.