África

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi

Segundo publica OXFAM Itermón na súa páxina oficial a Unión Europea ten a ben tirar ó lixo preto de 55 millóns de doses de vacinas contra o Covid-19 namentres as dozaóns ó continente Africano non van máis aló dos 30 millóns dende que comezou o ano.

Nos primeiros andares do COVID-19 houbo a sensación de unidade mundial fronte un virus que non distinguía nin distingue entre a cor da pel, o credo ou a situación económica dos habitantes dun planeta á deriva.

O traballo e os tempos fóronse acelerando para acadar unha solución conxunta a un problema común. Unha carreira contra reloxo, desafiando ós anteollos da ciencia.

Así e todo, e coma sempre adoita suceder, os intereses financieiros puxéronse por enriba da vidas humanas dando prioridade á exportación das vacinas, dende a Unión Europea, ás nacións e paises ricos que puideran pagar uns prezos desorbitados. Deste xeito, a UE, o maior exportador de vacinas do mundo, só destinou un oito por cento das súas exportacións ó continente Africano.

Ben podería quedar aí a aldraxe, a ofensa pero un fica abraido cando as muros constrúense cada vez máis altos diante dos ollos do mundo.

O artigo de Oxfam continúa sinalando ós principais países da UE responsábeis de bloquear as propostas presentadas por Sudáfrica e a India, apoiadas pola Unión Africana e máis dun cento de países, para a exención da propiedade intelectual que permitiría a producción xenérica de vacinas, probas e tratamentos da COVID-19.

Se cadra, alguén na UE tería que dar algunha explicación pois a idea incial da solución mundial e pública da pandemia converteuse nun negocio, cousa que moitos non quixemos ver, ou cando menos, pensabamos que non serían quen de facelo.

Así, hoxe en día, namentres desta parte do muro xa levamos tres vacinas, na África, nove de cada dez persoas ainda non teñen postas dúas doses. Por iso, son moitos os que pensan que a exención das patentes sería unha solución para os baixos datos de vacinación no continente Africano.

Éche unha mágoa pensar que desta vez podiamos remar no mesmo barco, todos e todas xuntas pero os soños foron parar outra vez non caldeiro da borralla.

Este apartheid sanitario só leva a un camiño cuberto de ósos e bágoas. De feito, no que levamos de ano seguen a morrer máis de sete mil persoas acotío diante da nosa porta, nas nosas pantallas planas penduradas nas paredes do salón ou nos nosos teléfonos móviles de última xeración.

Sete mil persoas seguen a morrer acotío namentres sacamos o can de paseo tres veces ó día e dexaimos a merda no chan cando ninguén nos ve.

Afortunadamente, hai xente, boa xente que co seu traballo e esforzo fan posible que non se perda a esperanza.

O outro día lin que a ONG Da Man, de Redondela, anda polo Senegal para finalizar un proxecto de odontoloxía ca formación dun odontólogo, levar luz, coma os deuses, á catro poboados, realizar e revisar cirurxías menores e desenrolar o proxecto de atención da infancia nas escolas e seguimento da súa saúde.