O terror capitalista

Nova Iork Francisco Álvarez Koki
28 de marzo de 2026

O 8 de marzo: Os gobernos terroristas de Estados Unidos e Israel, aproveitando as negociacións que Irán cría que ían en boa dirección, lanzaron un ataque sorpresa nas cidades iranianas nas que se atopaba unha escola con máis de 150 rapazas, as que masacraron segundo eles en defensa propia. Sabemos que mentres estaban negociando xa estaban preparando os ataques.

Ese acto de traizoar a palabra, recordoume algo da miña infancia. Recordoume que nas películas de vaqueiros contra os indios, aos que tamén lles roubaron todas as súas pradeiras, os indios dicían que o home branco tiña unha dobre lingua, xa que os americanos cando lles daba a gana. Os indios terminaron sen terras e sen deuses. Foron asasinados e confinados en reservas. A min gústame o refraneiro popular e voto man del cando podo porque case sempre ten a razón. “Non hai peor cuña ca da propia madeira” . Por iso este cabezón de Trump fillo da emigración, odia a todo mundo. O seu primeiro mandato foi un aviso, que non soubemos escoitar. Esta e’ unha lección para os que non fan caso e non van votar. Á política chegou unha enxurrada de pallasos atrevidos que nin saben a historia da humanidade nin queren sabela.

O terrorista Trump e o terrorista Netanyahu, dende o día que comezaron a asasinar a palestinos, iranianos e embarcacións no caribe venezolano cambiaron a orde internacional. Agora o planeta é unha terra sen lei, é a lei do máis forte. Pero a imaxe tan triste e vergonzosa, é a dos patriotas que venden a patria, que convidan a estes terroristas as súas prazas onde teñen poder. Todos sabemos quen son e de onde veñen. Posiblemente empezando polo vaqueiro Aznar e terminando con Feixoo! (o pesca merluzas) ignoran a historia do seu propio país e para mostra diso só fai falla lembrarlle que na desfeita de 1898, os ianquis voaron eles mesmos e cos seus cidadáns dentro do barco o USS. Maine. Escusa para declararlle a guerra a España e roubarlle as illas de, Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam. Eu nunca comprendín porque a terra ianqui, lle chaman a terra da liberdade. Hai que recordar a guerra de Vietnam e a bomba atómica. Aquí nós en USA, os que loitaron polas defensas das liberdades, foron unha minoría branca, os negros e os hispanos. O poder é o capital sempre controlou as nosas vidas dende Wall Street. Hoxe 28 de marzo, escribo dende Nova Iork despois de chegar a casa da inmensa manifestación que lle fixemos a Trump. Nova Iork é terreo agreste pra Trump, porque aquí cada un é fillo da súa terra e estamos aquí para frear a este farsante. Hoxe miles de persoas camiñamos pola 7 Avenida berrando pola Liberdade ante o fascismo que nos queren impoñer. Estados unidos está sentando as bases para converter estas agresións nunha terceira guerra mundial. Lembremos que calquera orde que saia da Casa Branca é unha orde ilegal e inconstitucional. Cada dúas palabras que saen pola boca de ese delincuente, ou son de ameazas ou de mentiras. O slogan da manifestación de hoxe contra Trump e a súa camarilla era ” NO KINGS” . SIN REIS. Non sei xusto cantos éramos, pero posiblemente había máis de 100.000 persoas. Cara a un futuro inmediato, hai un longo e necesario debate, pero coidado mañá pode ser tarde.