O BNG reclama a reforma integral da estrada Borela-A Graña e melloras na que une Borela e Mirón Ernesto Filgueira: “Apostamos por un proxecto ambicioso que beneficie ao conxunto da veciñanza de Borela”

Cerdedo-Cotobade, 24 de marzo de 2026.

O BNG levará ao próximo pleno de Cerdedo-Cotobade unha moción para urxir unha reforma integral da estrada EP-0407, en Borela e melloras nas que une Borela con Mirón.

Estrada Borela-Mirón

Nos pasados días, o BNG levou a cabo unha visita ao vial que une a EP-0407, Borela, coa EP-0204, en Mirón (Ponte Caldelas) tras recoller o malestar dos e das usuarias polo estado e o trazado da mesma. Nesta visita comprobamos in situ as deficiencias denunciadas, que veñen a pór de manifesto a necesidade dun plan que aborde a mellora integral da estrada ao longo dos seus 3,6 kms.

Cómpre destacar que este treito precisa con urxencia unha reforma estructural, coa eliminación dalgunhas curvas, a ampliación do radio de curvatura dalgunhas outras e aumentar o largo da estrada, tendo en conta do elevado número de vehículos que pasan a diario por ela en dirección a Ponte Caldelas e, máis concretamente, ao polígono empresarial da Reigosa, e viceversa.

Para o BNG, “o proxecto que debe prestar especial á seguranza viaria, adoptando todas as medidas precisas que garantan o tránsito seguro ás persoas e a redución da velocidade dos vehículos que transitan pola estrada”, afirmou o portavoz nacionalista, Ernesto Filgueira.

Mellora integral na estrada que vertebra Borela dende a PO-233 á Graña

Desde o BNG entendemos que dentro do proxecto de humanización con plataforma única presentado pola Deputación e Concello o pasado mes de decembro cun orzamento que alcanza ao 1,3 millóns de euros debe ser moito máis amplo e con melloras moito máis destacadas que redunden nun beneficio maior para a veciñanza da parroquia”, afirmou o portavoz municipal

Ernestoo Filgueira..

Neste sentido, o BNG ten enviado ao pleno municipal propostas máis ambiciosas para a mellora e a modernización de Borela, polo que instamos a reconfugar ese ese proxecto para facelo moito máis ambicioso e lograr unha mellora integral que beneficie ao conxunto da veciñanza da parroquia.

A cerca de admin 97 Articles
Xornal galego de información xeral Publicación mensual de novas de Galicia e en especial dos Concellos da sur da provincia de Pontevedra.