Este verán a Ecomarcha ciclista rodará pola costas galegas

Ecoloxistas en acción Galiza

A decimoprimeira edición da Ecomarcha ciclista de Ecoloxistas en Acción recorrerá a costa galega con inicio o 9 de xullo en Pontevedra e remate o 24 de xullo na cidade de Lugo.

No ano do 20º aniversário do desastre do Prestagie, case duascentas
bicicletas pedalearán a Costa da Morte transformando o “Nunca
Máis” nun “Sempre Máis” en solidariedade con quen a cotío loitan
para defender o patrimonio natural de Galicia.

Aínda está aberta a inscrición para participar na Ecomarcha ciclista
de Ecoloxistas en Acción que recorrerá Galicia desde o 9 ata o 24 de
xullo, con saída en Pontevedra e remate en Lugo.

Ás ciclistas galegas sumaránse ecoloxistas sobre rodas de todo o
Estado español para compoñer un pelotón verde que durante 15 días
irá visitando lugares ambientalmente agredidos para apoiar aos
colectivos veciñais que loitan pola súa recuperacióne o cese do
desastre ecolóxico.

Desde Pontevedra a Lugo, a Ecomarcha se sumará a demanda social de
“ENCE fóra da Ría” para denunciar os perniciosos efectos para os
bosques galegos que acarrea a eucaliptización porvocada ola pranta de
celulosa máis grande de Europa. Nas minas de San Finx, en Lousame, as
ecolociclistas seran testemuñas da grave ameaza desta explotación
mineira, cuxa reactivación pon en perigo a Rede Natura da contorna, a
toda unha ría enteira, Muros-Noia, e ao modo de vida tradicional de
centos de familias mariscadoras e marñeiras.

Tamén visitarán humidais e outros espazos de valor ambiental que
están en grave risco debido a un modelo eólico que converteu Galicia
nun gran negocio para o oligopólio enerxético.

O día do Carmen a Ecomarcha rendirá en Camariñas unha lembranza á
catástrofe ambiental provocada polo Prestigie escoitando aos que
sufriron de preto o desastre ocurrido fai 20 anos.

“Percorremos diferentes camiños de Santiago, a Costa da Morte e
outras comarcas e coñeceremos as suas xentes, mais, sobre todo,
estaremos a facer un CAMIÑO para que unha terra como a Galiza non
lastímese NUNCA MÁIS e valórese y protéxase SEMPRE MAIS!” sinalan
desde Ecoloxistas en Acción Galiza.