Ponte Caldelas inicia a instalación da numeración en todas as vivendas do municipio

Concello de Ponte Caldelas A Nova Peneira

Crease unha imaxe máis homexeneizada da sinalización das vivendas e facilitará notablemente a labor do servizo de Correos e das empresas de entrega a domicilio

Ponte Caldelas, 3 de novembro de 2022

O Concello de Ponte Caldelas iniciou a instalación da numeración en todas as vivendas do municipio, unha iniciativa que homexeneizará a sinalización dos fogares e que, ó mesmo tempor, facilitará notablemente a labor do servizo de Correos e das empresas de paquetería e de reparto a domicilio.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, destaca o intenso traballo dos últimos meses para facer realidade esta iniciativa que sinalizará as máis de 3.000 viviendas do municipio. As placas están confeccionadas en material resistente á chuvia e teñen un tamaño de 15×15 centímetros. Contan cun moderno deseño no que o fondo de cor mostaza se combina con números en cor blanca e letras en azul. En cada placa figurará o número da vivendas, a aldea na que se ubica e o escudo do Concello de Ponte Caldelas.

Os traballos comezaron polo lugar de O Ramís, na parroquia de Anceu, e a sinalización realizarase de xeito ininterrumpido en todas as vivendas de Ponte Caldelas. A empresa instaladora acordará con cada propietario a ubicación da placa.