Ano: 2022

As Mentiras De Alejandro

Que pasou nos dous últimos plenos municipais a respecto da sentenza sobre a propiedade dos montes das canteiras de Atios? Explicámosvolo neste vídeo en pouco menos de tres minutos.

O PP pasa por riba da vontade maioritaria do pleno (perde as dúas votacións fronte ao resto de representantes) e recorre igualmente a sentenza, indo contra a Xunta de Montes de Atios e volvendo meter o Concello e cartos públicos noutro preito que ten pouco futuro.

As dúas sentenzas son claras: o monte é das veciñas e veciños de Atios. Desde o BNG seguiremos a defender a soberanía veciñal dos montes, en Atios e en todas as parroquias do Porriño!

Ler máis

A CIG e o 1º de maio

A CIG celebramos, o 1º Maio, co lema CONTRA A POBREZA, POLÍTICAS PÚBLICAS E SALARIOS DIGNOS, facendo un chamado a encher as rúas da nosa nación coas nosas reinvidicacións para avanzar nunha saída galega xusta da crise

Ler máis

A selección de persoal no Concello de Nigrán

A principios deste ano o goberno de Nigrán aprobou o procedemento de selección para a contratación do persoal laboral temporal que poida precisar. Para este tipo de contratacións o concello acude á presentación de oferta no Servizo Público de Emprego (SPE), en vez de facer unha convocatoria pública mediante solicitude das persoas interesadas

Ler máis