As Mentiras De Alejandro

Pedro Pereira BNG Porriño

Que pasou nos dous últimos plenos municipais a respecto da sentenza sobre a propiedade dos montes das canteiras de Atios? Explicámosvolo neste vídeo en pouco menos de tres minutos.

O PP pasa por riba da vontade maioritaria do pleno (perde as dúas votacións fronte ao resto de representantes) e recorre igualmente a sentenza, indo contra a Xunta de Montes de Atios e volvendo meter o Concello e cartos públicos noutro preito que ten pouco futuro.

As dúas sentenzas son claras: o monte é das veciñas e veciños de Atios. Desde o BNG seguiremos a defender a soberanía veciñal dos montes, en Atios e en todas as parroquias do Porriño!

https://www.facebook.com/bng.oporrino/videos/527006198863409