As traídas de auga de Tameiga reunense co BNG

Logotipo BNG

A plataforma “A auga é vida”, que agrupa a Comunidade de Montes de Tameiga e ás Traídas de auga afectadas polo proxecto GS360, reuniuse con Luis Bará e Alexandra Fernández, deputados do Bloque Nacionalista Galego, máis o voceiro do BNG de Mos, para amosarlles o grave impacto que tería o macro proxecto sobre os seus mananciais.     *

Esta xuntanza enmarcase dentro dunha xeira de reunións coas forzas políticas que concorren ás eleccións galegas.     *

Os deputados do BNG comprometéronse a revisar este proxecto de suman a maioría parlamentaria necesaria.

As comunidades de traídas de auga afectadas polo proxecto GS360, agrupadas na plataforma A auga é vida, convidaron aos partidos políticos que concorren ás eleccións galegas a coñecer o servizo que prestan á poboación mosense e facerlles coñecedores do grave impacto que tería a construción deste macro proxecto sobre os seus mananciais.

Dentro desta xeira de reunións, a primeira xuntanza tivo lugar este sábado con Alexandra Fernández e Luis Bará, representante do BNG. Na xuntanza, membros da plataforma explicaronlle aos deputados do BNG que os acuíferos de ladeira constitúen reservorios nos que as augas soterradas están en contacto case directo coa escorrentía superficial e, polo tanto, presentan unha elevada vulnerabilidade á contaminación. Ademáis o sistema de recarga directo desde os fluxos de escorrentía superficial, ligado á presenza de rocha de menor grao de alteración en poucos metros, e as importantes pendentes da zona fan que se trate de acuíferos moi sensibles á recarga ligada a episodios de precipitación.

Por iso, alertan que unha obra de semellante envergadura, afectará a 150.000 m2, coma a proxectada polo expresidente do Celta de Vigo no monte comunal de Tameiga é moi prexudicial para as captacións de auga, xa que pon en risco nacementos e cauces de regos dada a fraxilidade da capa xeolóxica. Todos os informes realizados polas traídas destacan que unha vez executado o proxecto reducirase significativamente a capacidade de infiltración en toda a zona debido á propia transformación do relevo e aos movementos de terra en primeira instancia e, sobre todo, de xeito permanente en todas aquelas áreas que se vexan sometidas a algún tipo de pavimentación.

“As traídas de auga son anteriores á lexislación de augas, e supoñen un dereito previo lexítimamente adquirido polos seus usuarios. Xogan ca auga das familias, carecemos doutro tipo de servizo que nos garanta o auga ás miles de fogares afectados. En Mos non hai traída municipal de auga”, espuxo Roberto Rodríguez, voceiro da plataforma veciñal. Denuncia ademais que ”as afeccións que causarán as nosas traídas as obras das cimentacións non foron consideradas en ningún momento, o que supón unha flagrante vulneración da Directiva Marco da Auga”.

O BNG ten claro que a pretendida reclasificación dos terreos, actualmente solo rústico de especial protección, foi tramitada de maneira oscurantista e dubidosa, comprometéndose á súa revisión trala chegada ao goberno para frear a especulación do proxecto.