Ano: 2022

O que non nos contan. Con Rusia sen amor

“A primeira vítima dunha guerra é a verdade”, algo así dixo o senador estadounidense Hiram Johnson hai 125 anos. Isto mesmo estámolo a experimentar nestes días nos que uns medios de comunicación nada afeitos xa a nos contar a verdade, converteron os seus informativos en “partes de guerra” e a súa programación en propaganda maniqueísta.

Ler máis

Información para entidades adheridas a VÍA GALEGA

A coordenadora de VÍA GALEGA, acordou convocar, baixo o lema “somos unha nación” o domingo, 24 de abril, ás 11.30,  manifestación nacional con saída da Alameda de Compostela e remate na Praza da Quintana, coincidindo co 176 aniversario do “abril de lume e ferro”, en palabras de Manuel María. Mes no que tivo lugar un dos episodios máis importantes da historia de Galiza: a Revolución Galega de 1846 que rematou, infelizmente, o 26 de abril cos fusilamentos en Carral dos ” mártires da liberdade”

Ler máis