SALVATERRA no Camiño de Santiago

Salvaterra no camiño

O Concello de Salvaterra de Miño organiza para os seus veciños e veciñas, o Camiño de Santiago durante a Semana Santa deste ano

 A saída está prevista dende o día 13 de abril ata o 17, facendo o Camiño Francés que estará dividido en 5 etapas.

Etapa1: Sarria – Portomarín, 23km.

Etapa 2: Portomarín – Palas de Reis, 25km.

Etapa 3: Palas de Reis – Arzúa, 29km.

Etapa 4: Arzúa – O Pedrouzo, 20 km.

Etapa 5: O Pedrouzo – Santiago de Compostela, 20 km.

“Tendo en conta o tempo de Pandemia que impiden moitas das actividades as que este Concello nos tiña acostumados, é unha noticia que o Grupo de Goberno festexa moi ledos, xa que aínda que a COVID todavía non está totalmente eliminada, pouco a pouco se pode retomar unha vida normal e sabemos que @s nos@s habitantes precisan osixenarse tanto física como anímica e socialmente, polo que esta actividade cumpre perfectamente os requisitos desexados”, comenta a Alcaldesa Marta Valcárcel.

O propio Concello xestionou tamén as catro pernoctas precisas nos Concellos de Portomarín, Palas de Reis, Arzúa e O Pedrouzo, nos que os veciños e veciñas que o desexen atoparán máis información no teléfono 661 046 592 ou na dirección de correo electrónico deportes@concellodesalvaterra.org, para coñecer a modalidade de pago e o custe da actividade.

Ademáis, o Concello porá autocar para o traslado  a Sarria e vehículo de apoio para as mochilas.