As datas deste ano son: 22 de abril ao 29 de abril.
A emerxencia climática é o reto socio-ambiental ao que temos que enfrontarnos. Unha crisede dimensións planetarias con consecuencias claramente observables no presente. Dende ArteLixoqueremos achegarnos ao Cambio Climático como un problema complexo e global con conexiónsindividuais e colectivas.
Que se pode facer dende a cotiandade? Como podemos procurar un cambio de paradigmanas nosas relacións co medio ambiente?
O fracaso dos cumios e medidas tomadas polos gobernos para frear o Cambio Climático ésubstancial ao sistema que sufrimos, un sistema capitalista que para a súa perpetuación necesita doaumento do consumo, baseado na lei da oferta e a demanda que reduce cada vez máis os prezos,baixo a lei da competencia, para vender máis cantidade de bens a mercadorías e así obter oexponencial aumento de beneficio que permite manter a flote a industria e o traballo fronte a outroscompetidores. Así, esa substancialidade do capitalismo, a acumulación de diñeiro, consume cadavez máis recursos e máis enerxía que, debido a aquelas outras leis universais da física, da química,da entropía, da natureza, transfórmase en lixo, en quentamento, en emerxencia climática.
O recente estudo do grupo intergoberbamental sobre o cambio climático, IPCC, dependenteda Nacións Unidas, publicado o pasado domingo 19 de marzo énchenos de desesperanza. Estesexpertos avisan que é posible que esta sexa a derradeira advertencia do IPCC para limitar o gradode quentamento a 1,5º. Por encima deste quentamento as consecuencias son extremadamentecatastróficas, dando por feito a chegada a ese límite, xa que se continúan as actuais pautas deconsumo alcanzaríamos ao longo deste século un quentamento de 3,2º e de conseguir levarse a caboas actuais medidas aprobada polos goberno do munod alcanzaríans os 2,8º, un aumentoinsostible. Pese a que os expertos cuestionan a actual gobernanza mundial, énchennos dedesesperanza ao recoñecer que o freo a este quentamento global está en mans de políticos eindustria.
O ArteLixo2023 propón reflexionar sobre o Cambio Climático dende unha miradaecoloxista. Unha mirada que tamén propón outro xeito de facer, de estar, xa que para que oArteLixo2023 poida celebrarse é necesaria a colaboración de moitas persoas, voluntarias, activistas,comerciantes, cidadáns do pobo de Redondela, profesorado, alumnado… Mais, sobre todo, dasartistas que expoñen as súas obras. É o noso desexo que todas as persoas que colaboran e expoñense sintan cómodas e que o seu paso polo ArteLixo2023 sexa agradable e gozoso. Porque as cousastamén se poden facer así; entre moitas, onde cada unha achega o que saiba e poida e sen máisinterese que participar nunha convocatoria de arte aberta, ecoloxista e colectiva.
As obras teñen que estar feitas con material de refugallo.
Como inscribirse no ArteLixo2023?
Necesitamos que as persoas que vaian expoñer as súas obras nos faciliten o traballo doseguinte xeito:
Cubrir o formulario de inscrición antes do 11 de Abril de 2023. Se, porcalquera circunstancia, a obra se inscribe con data posterior non podemos garantir unha localizaciónde exposición nin que a obra sexa catalogada, nin que apareza no rueiro da exposición.
O formulario pódese cubrir nesta ligazón https://forms.gle/vJP8gB1hWpCQJyoy8dispoñible nas nosas redes sociais
Unha vez rematado o prazo de inscrición a organización porase en contacto coas autoras/esdas obras para concretar os detalles de localización e calquera outro que poida xurdir.
As/os artistas colocaran e retiraran as obras do sitio elixido. Énos imposible facereste traballo, ademais pensamos que é bo que sexa a propia persoa que concibiu a obra quen acoloque ao seu xeito e a presente correctamente. Á hora da retirada, a experiencia de todos estesanos pasados evidencia que se as obras non son recollidas a tempo, quedan na rúa ou escaparateinfravalorándose así a propia obra e o propio certame.
A organización facilitará as/os artistas unha cartela para a correcta identificación da obra quepoderán colocar xunto a obra no momento da súa montaxe.
Para calquera dúbida, dificultade, cuestión ou suxestión non dubidedes de poñervos encontacto connosco a través do correo electrónico: artelixoredondela@gmail.com ou no tlf: 604039213 (Fran)