Indignación veciñal pola acumulación de residuos dunha empresa en Cepeda

Indignación veciñal pola acumulación de residuos dunha empresa en Cepeda

Unha empresa acumula unha inxente cantidade de residuos na parroquia de Cepeda,ata convertelo nun auténtico vertedeiro. Veciños e veciñas amosan e súa indignación e estupor pola situación e pola conivencia do Concello. O propietario da empresa ameaza ao voceiro de Alternativa Veciñal.

Pazos de Borbén, 15 de xaneiro de 2021 – Enormes cantidades de palés de madeira e de plásticos que terminan ciscados pola zona ou queimados sen control ningún, chatarra, coches abandonados… é a terrorífica imaxe que se vai atopar calquera persoa que se achegue ao entorno do torreiro da parroquia Cepeda. O que supón debía ser unha empresa de reciclaxe en realidade é un auténtico vertedeiro incontrolado.

O malestar e a indignación veciñal medran ao ver que pasa o tempo e a situación, que se arrastra dende fai anos, non só non se corrixe se non que vai a peor, cos residuos acumulándose e espallándose sen control. Os veciños e veciñas pregúntanse, con asombro, como ningunha autoridade tomou cartas no asunto e apuntan a unha evidente complicidade do Concello, coñecedorda situación.

Alternativa Veciñal comparte a indignación veciñal e tamén sinala unha innegable conivencia municipal. A agrupación trasladou en diversas ocasións preguntas ao Pleno demandan do explicacións pola situación, obtendo unicamente respostas evasivas por parte do goberno municipal. E o que é máis grave, o propietario da empresa ten coñecemento de cada papel que rexistra AV noConcello en relación con este asunto.

DENUNCIA POR AMEAZASA

Ata en dúas ocasións o propietario da empresa se presentou no domicilio particular do voceiro de AV, Luciano Otero, ao día seguinte deste rexistrar na sede municipal preguntas ou solicitud espara consulta do expediente. Na última destas “visitas” proferindo amezas directas, “máis che valeque retires iso porque estiven no cárcere e non me importa volver”. Estas ameazas foron denunciadas por Luciano Otero, “un dos piares da democracia é que a oposición poidamos fiscalizar a labor do goberno, non se pode consentir que se nos queira privardese dereito por medio de ameazas, nin que o máis botado para diante e máis amigo do Alcalde fagao queira sen consecuencias”. Tamén demandou que se depuren responsabilidades no Concelloporque “hai persoas que non están a gardar a debida reserva coa información á que teñen accesopolo cargo, utilizándoa en prexuízo do interese público e para favorecer a amigos”.

Alternativa Veciñal vai a seguir demandando que se adopten medidas para corrixir esta situación e estudando a situación legal desta empresa.