
O TSXG non admite o recurso do Concello de Mos polo que se ratifica a ilegalidade das licencias outorgadas o Celta de Vigo, para a construción de campos de fútbol en Mos.
Cabe recordar que ditas obras empezaron fai 3 anos con 2 licencias menores para a construción de campos de fútbol e un edificio de 3.000 metros cadrados, decisión que foi denunciaba por ser unha obra de moita envergadura. Cuestión coñecida polo Partido Popular que podía ser recorrida e posteriormente empezaron un proceso de elaboración dun Plan Especial. Acción que ben a demostrar que non estaban seguros das súas decisións e buscaban certo amparo legal.
A voceira do PSOE de Mos, Victoria Alonso, di que a legalidade destas licencias foi sempre cuestionada, chegando a debater en diversos plenos, comisións e reunións sobre o que o concello estaba aprobando facer unha zona catalogada como forestal protexida. Tendo que escoitar por parte do goberno que tiñan interese en sacar a diante este proxecto fose como fose, e hoxe confirmase unha vez máis que estaban dispostos a cometer ilegalidades.
Alonso engade que a alcaldesa non se pode esconder detrás dos informes dos técnicos para defender esta decisión, cando ela dixo que este proxecto ía saír si ou si, é dicir, que a súa postura foi clave. Este foi un proceso tenso, no que houbo moitas presións e xa levamos varios xuíces que falan de ilegalidade. Recordalle que tamén hai técnicos que non apoian este proxecto pero que estase a escudar para non enfrontarse a realidade de que cometeu un delito e que elo a leva a ter unha queralle penal sobre a que terá que dar explicacións.
A socialista resalta o feito de que os promotores levan meses saíndo na prensa con declaracións nas que afirman a súa indiferencia sobre as posibles sentenzas, deixando claro un posible trato de favor das administracións gobernadas polo PP que son as que apoian o proxecto. Engade que nun intento de demostrar que están por encima da lei, continuamente falan de seguir construíndo, cando as licencias que teñen son ilegais e das futuras non se sabe nada.
Alonso solicita unhas disculpas ante a veciñanza por parte da alcaldesa, que non persista no seu interese persoal de seguir a diante cunha iniciativa que ten nome e apelido. Resalta a actitude totalmente fora de cabal da actual rexedora e afirma que non está capacitada para seguir a fronte do consistorio mosense, porque un xulgado xa decretou a ilegalidade das súas decisións.