Estamos en tempos do Chamamento

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira
Manuel Alfonso Estévez.

Si, amigos: Estamos no tempo do chamamento, do berro a nosa xente, que nos queira ouvir dun xeito posible, a voz que responda con feitos adoitados e duradeiros.

Por iso, que non é suficiente so este chamamento, a terra e a xente, senón porque hai que superar tódalas bágoas e pexas, para arrincar os beizos da xente, para desfacer o pensamento que aínda rexe na mente da xente, renacida dos solpores históricos, dos aldraxes e brétemas da confusión, incluídas as dúbidas, impostas polo caciquismo de sempre.

Nestes momentos das “Eleccións Municipais, 2.023”, e preciso ouvir e ollar, matinar, chorar e sufrir, falar, rifar e estudar ata onde queremos chegar cos “elencos evolutivos do noso ser”, porque a pasividade egoísta que se esconde tras algúns veciños pola culpa do “ser”, que implica non atopalo, e polo tanto, comprobar como xeración tras xeración, asiste as abominables inxustizas sociais, afogados na mistura ideolóxica, trabucados hoxe na desfeita. E xa é hora, de atallar no campo da cultura, o avellentado de todos, sen excepción, tanto dos que moramos nas aldeas, vilas e recunchos, como dos que andan espallados polo mundo, apetecendo regresar a “Matria”, limpos, sen prexuízos, sen seicas ou dúbidas.

“Un árbore bo non poderá dar froitos malos” tendo – como temos – unha terra e unha xente, produtiva. Temos mulleres e homes, estudosos e somos un pais que deixamos xa de furar a terra cos arados romanos turrados polas vacas.

Temos un idioma, axeitado a historia que fala a xente, dos días, dos santos, das festas e dos xantares. Somos, en definitiva, un grande pobo de raizame cultural, afincados, sen a sangría da emigración, e de ser un pobo con fillos que queren ser felices, e xa non necesitan os catro cartos de emigrantes, arredismos e embotellados que foron durante anos, coas doenzas sociais da nosa Matria, e non é ningunha toleira, porque hoxe a nosa xente, fala galego, axeitada a nosa fermosa e espléndida lingua, que temos a obriga de conquerir que os nosos rapaces e a nosa mocidade a falen.

E, preguntarnos, Cal é o noso comportamento coa nosa Terra Nai, coas nosas parroquias e cos nosos veciños?

En canto o noso Concello de Salvaterra do Miño, grazas o xornal A Nova Perneira, ¡A Nosa!estamos informados das migallas económicas dos organismos oficiais, repartidas de mala maneira en cada unha delas, sen afecto e cariño. Sen o impulso que xuntos queremos darlle a cada un dos recunchos que temos, porque xa é hora de mirarnos os ollos, de saudarnos e sentir a emoción e o orgullo de “ser” e de saber que somos unha terra unida e apta, para o “partido político” que atenda a “xente”, e que toca avanzar mais rápido que nunca, con un goberno, digno de representarnos.

A vida sempre conta. E falando e pensando na terra e na xente, fagamos dos problemas e do tempo, unha nova historia en beneficio de todos e non duns poucos.