O recinto foi totalmente remodelado cun investimento de 11.000 €
Nigrán, 20 de maio de 2023
O Concello de Nigrán estrea un novo parque infantil en Patos, na zona do mercado dos sábados, tras investir 11.000 € na total remodelación do espazo existente, que contiña desde hai décadas xogos xa obsoletos, motivo polo que a veciñanza demandaba este cambio. O lugar, ampliado cun novo peche para dar mellor cabida aos elementos incorporados, conta agora con tres novos balancíns de muelles
(dous deles individuais e outro xigante que permite o uso mútiple de 4
crianzas) e unha pirámide trepadora de cordas. Ademais, restaurouse por
completo o conxunto modular de madeira composto por un tobogán e unha
rede; asi coma os columpios (un deles de primeira infancia).