
Manuel Alfonso Estévez
Entendo como cultura política e ideolóxica, a influencia social da xente nos procesos políticos como si fora unha Axencia de Valores e Actitudes, compartidas, ancoradas nun sistema cos recursos dos votos, con clientes agradecidos que recollendo os servizos do benestar social, dos partidos das esquerdas, se expresan con un trato persoal coa Axencia de Valores e Actitudes do PP, e o “clientelismo do partido”, repartido en actos políticos cos empresarios simulando formulas benefactoras que gustosamente aceptan o trato, e traballadores, que posibilitan repartir os beneficios erosionando os demais, e facendo imposible a FUNCIÓN DEMOCRÁTICA DAS IDEAS.
O arraigo do clientelismo do PP, no Condado de Salvaterra do Miño, se explica perfectamente no escenario político actual, mostrando os resultados das últimas Eleccións Municipais, de como resolver os problemas cotiás, exemplo, o caso, da alcaldesa de Ponteareas, subíndose o soldo, mesturada coas relacións persoais, entre veciños e políticos – patróns e veciños – clientes.
Así encontramos na nosa cultura aldeá do clientelismo, certa coherencia co sistema. E non é de estrañar a finalidade de operar do clientelismo, da corrupción, como intercambio, porque a corrupción política ofrece favores, como o clientelismo cultural político que incide no orde social, posuidora de principios e valores, con actitudes compartidas en forma xerárquica ancorada no sistema político, cos “actores de toda clase e calado”, que ofrecen o seu apoio a cambio do voto persoal.
Non basta mais que ollar para os tele diarios, en cada momento, para observar as ambicións do fenómeno, proporcionando as relacións sociais de intercambio – patróns – políticos e clientes – votos, introducindo no sistema democrático, “unha pataloxía perigosa” na democracia.
Non sei, si os demais partidos políticos traballan dende a Ciencia política empírica, ou non. Eu me quedo, cos efectos perniciosos sobre a economía, a mobilidade social e o clientelismo político, en canto proporciona beneficios individuais, e diminúe a capacidade da xente para evitar un xuízo positivo, sobre a política xeral, non corrixindo os MALOS GOBERNOS E MALOS POLÍTICOS.
O Ideario do PP se fundamenta na confianza, cara a cara, entre patrón e cliente, e no noso eido, co minifundismo institucional, valores de amizade, que dificulta o desarraigo do sistema. ¡Cantas veces escoitamos: Eu non roubo porque non podo, senón, tamén o faría!
No noso Condado de Salvaterra do Miño, existe o clientelismo político que inflúe no rumbo político da Comunidade. E día a día, o vemos no comportamento e nas institucións, como condicionan o desenrolo da comunidade. E, tamén como o Partido do PP e o clientelismo, e mais eficaz, porque é multiplicador dos beneficiarios da política clientelar.
¡Que saiban estes políticos que a súa función e gobernar e convencer a xente, non recibir os votos so mentes!
Na nosa terra, o dilema do votante está no dilema do prisioneiro ¿Que vai votar? Sen preguntarse quen é o mellor. E, non esquezamos que a “carreira política do PP está no aparato político, nado do Movemento Nacional, franquista. E o caciquismo político do PP non ten ningunha ideoloxía: Nada mais co poder dos cartos. E unha pena que esteamos na DEMOCRACIA votando a favor da xente que non vota polas ideas.
Lémbrome de cando neno, na miña parroquia de San Xoán de Fornelos da Ribeira sendo o amo da parroquia o abade, e eu pensaba: Esta xentiña que está na parroquia esquecida por este home! Que pasa?
Eu tiven a sorte de ter outra formación a pesares de verme sometido electoral e laboral por unha sociedade que dicía: Viu por aquí o do PP e hai que votalo. E ¡Claro! Todo por decidir sobre os aspectos que tiñan repercusións nas economías, nos proxectos, sen debate social, só os intereses privados, que contrasta coa sociedade cultural e a xente individualista, que non ve o beneficio político de outras políticas en beneficio do interese común.
Xa o sabedes!
Seguide amañando os problemas vitais, coma ata agora, sen resolver licitamente, e seguide comprando vontades, que nos irá moito mellor. Esta e a miña opinión.