O departamento de Intervención do Porriño paraliza o Bono Enerxético por graves erros na súa redacción

PSdG Mos A Nova Peneira

A medida social foi publicada sen o informe favorable de Intervención e sin contar coas firma do concelleiro delegado

A redacción contemplaba importantes e contradictorios erros como o prazo de solicitude ou non ser publicado no BOPPO

O Porriño, 11 de agosto de 2023.

Dende o PSdeG-PSOE do Porriño tildan de “chapuza electoralista”a redacción das bases de solicitude do Bono Enerxético proposto polos socialistas; pois ao alcalde púdolle máis o electoralismo que traballar nunhas bases acordes aosrequisitos que esixe a Lei, poñendo en risco o cobro do bono enerxético “e non sería por tempo, xa que a proposta socialista aprobábase no Pleno hai ano e medio”.

O departamento de Intervención do Porriño ordeou a revocación do Bono Enerxético ao detectargraves irregularidades na redacción das bases da concesión destas subvencións.

Alejandro Lorenzo tiña tanta presa por sacar o Bono Enerxético antes das Eleccións Municipais, que non contou nin coa firma do concelleiro de Servizos Sociais –Abel Estévez-nin co correspondente informe de Intervención.

Ademáis, nestas bases publicadas polo Concello do Porriño non se contemplaban requisitos ou obrigas dos beneficiarios, nin anexos con modelos de solicitude ou de recurso. Entre os reparos de Intervención tamén se recolle que non se contempla o marco lexislativo no que se ampara e tampouco foi publicado no BOPPO.

Outro dos grandes erros detectados éo das datas de solicitude, xa que na nota de prensa enviada aos medios e publicada pola responsable de Comunicación do Concello, indicábase que o prazo de solicitude era do 23 de xuño ao 25 de novembro pero ao mesmo tempo, nas bases, informábase dun prazo de 7 días dende a súa publicación.

Dende o PSdeG do Porriño lamentan que “os verdadeiros afectados destes erros garrafais son as persoas que xa tiñan concedida esta axuda, xa que pola publicidade electoralista de Alejandro Lorenzo, agora terán que agardar quizáis ate finais de ano para o cobro destas axudas”.

O portavoz socialista, David Alonso, remata engadindo “agardamos que nesta nova redacción das bases se conte cos comerciantes e asociados de ACIPOR e AHOSPOR, xa que élamentable que se pechasen negocios no Porriño sen que chegasen a ingresar estas axudas”