A redución da débeda non se logrou a través dunha xestión eficiente senon simplemente aprazando pagos e acumulando intereses a través de préstamos
O Porriño, 10 de xaneiro de 2024
Os socialistas do Porriño mostramos sorpresa tras unha nota de prensa do goberno do PP do Porriño publicada nun periódico, onde informa que o Concello de Porriño reducíu significativamente as súas facturas pendentes de pago de 5,5 M€ a 283.500 € en dous anos.
Este logro financeiro non é notable, especialmente si consideramos as acusacións de Alejandro Lorenzo sobre a falsedade de estas mesmas facturas e, sobre todo, pola decisión de recorrer a préstamos para cubrir estas débedas cando tiña diñeiro dabondo nas arcas municipais para pagar.
O voceiro socialista, David Alonso, afirma que “Alejandro Lorenzo comportase coma un vinteañeiro que tiña unha hucha chea de moedas para pagar as facturas, pero decidíu ir ao banco e pedir un préstamo”, e subliña “é estrano ¿verdade?, porque ao final terá que devolver máis de 1 M€ en intereses ao banco, cando a principio de 2023 tiña 12.700.000 € na conta; e así o advertía o interventor no seu informe, lembrándolle que podía amortizar a débeda a principios de ano porque había cartos suficientes”.
Á primeira vista, estes préstamos poderían parecer unha solución inmediata ás dificultades financeiras do municipio, especialmente no que se refire ao pago de facturas pendentes, pero sólo foi unha obriga do goberno central para pagar facturas que levaba tempo paralizando ordeando o interventor a iniciar o seu pago. Outro aspecto a considerar é si estes préstamos están sendo empregados para solucións a curto prazo en lugar de abordar os problemas estruturais de O Porriño, como a cofinanciación do soterramento do paso a nivel que están esperando en ADIF dende fai ano e medio. “¿Estamos investindo en proxectos que xerarán crecemento sostible e emprego a longo prazo, ou simplemente estamos cubrindo o fracaso da estratexia do PP e Alejandro Lorenzo?” pregúntanse os socialistas.
Os socialistas denunciamos que a contratación destes préstamos responde ás necesidades políticas inmediatas de agochar a sua nefasta xestión en este asunto, como están a facer cos pellets de plástico que estan inundando as praias galegas.
O único mérito da xogada do PP coa facturación é a de cambiar dun caixón a outro a facturación, para pasar a ser deudor do Ministerio de Facenda. A única foto que reflicte a xestión económica de Alejandro Lorenzo é a de “deudor” e mal pagador, así como a de adxudicar contratos a membros e exmembros da listas do PP ou aos seus familiares. Unha situación da que a veciñanza empeza a falar porque salta a vista.
Alonso lembra que “a responsabilidade dos líderes municipais é garantir que as decisións financeiras non esten impulsadas únicamente por ciclos políticos do goberno de turno, senón que reflicten unha visión a longo prazo para o benestar de O Porriño.” Os socialistas queremos resaltar a importancia dunha xestión fiscal transparente e eficiente e, como oposición, asegurarnos de que estas cuestións se aborden de maneira responsable e crítica, sempre co obxectivo de promover o mellor interese dos cidadáns de O Porriño; pois aínda que a redución da débeda é positiva, é esencial investigar a veracidade das acusacións de falsidade nas facturas e comprender como a decisión de tomar préstamos, a pesar de ter fondos dispoñibles, impacta nas finanzas municipais.
A redución da débeda non se logrou a través dunha xestión eficiente, senón simplemente aplazando pagos e acumulando intereses a través de préstamos. A realidade é que, ademáis de eses 3 M€ de préstamo para pagar as facturas, o alcalde eliminou 1M€ de facturas xudicializadas por proveedores da contabilidade, voltando a facer o que mellor saben “agochar os problemas e maquillalos con gastos en festexos desproporcionados e sen criterio algún” remata Alonso.