No pleno do mes de setembro, celebrado o pasado luns, os socialistas presentaron unha moción relativa a xestión que se está a facer cos residuos. Explicaron que o modelo actual foi escollido pola Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias, e que levan desde entón sen buscarlle solucións as claras eivas en temas de reciclaxe.
Hai vixente unha normativa europea que busca que os países membros reduzan as cantidades de residuos incinerados ou destinados a vertedoiros, aumentando así a parte de reciclaxe ou haberá sancións para os países infractores. España ten aberto un expediente e debe reconducir esta situación, polo que insta a comunidades autónomas a que melloren os seus procesos de reciclaxe ou se aplicará unha sanción, neste caso a Sogama. Sogama que é a empresa que xestiona os residuos en Galicia, da que a Xunta é propietaria do 51% e Naturgy 49%. Dita sanción pretenden aplicarlle a modo imposto os concellos e todo co visto bo da Xunta de Galicia.
Os socialistas din que a Xunta e Sogama non lles interesa mudar o modelo porque a meirande parte dos residuos os destinan a incineración, ca que obteñen enerxía para posteriormente vendela. Outra parte importante a destinan a vertedoiros que é o método máis barato e unha pequena parte a reciclaxe. A moción pedía que a Xunta mantivese as bonificacións e que Sogama mudase de modelo pero o PP votou en contra.
Victoria Alonso, voceira socialista, critica que unha vez máis o PP de Mos non recrimine a actitude da Xunta de Galicia, que non cuestionen este problema e que unha vez máis queiran botar balóns foro culpando o goberno central. Alonso tamén fala da falta de interese da Xunta de Galicia por reciclar e mellorar a situación para evitar as sancións, pero tamén lle recorda que ese imposto que vai recadar a Xunta debería destinalo a isto e non a facer cacicadas. Alonso finaliza dicindo que as e os mosenses importar menos que a defensa da Xunta para o PP local.