Paradas En Stellantis Vigo. Que Está A Acontecer?

Cut central unitaria de traballadores citroën

A dirección mantén a súa intención de implantar a quenda fin de samana no S2 pese a non poder garantir a carga de traballo no resto das quendas existentes.

Vitor Manuel Mariño Fernández, Secretario da Sección Sindical da CUT Citroen

O modelo organizativo eloxísticoque utilizao grupo Stellantis,e xa utilizaba anteriormente PSA (Just in Time),é evidente repórtalle grandes beneficios. Pero eses beneficios son a costa do sacrificio, saúde, e conciliación familiar e laboral das persoas traballadoras, e a cargo tamén na maioría dos casos ao erario publico.

Este modelo empresarial de eliminación de stocks e demanda de pezas sobre pedido, se agudizou pero aínda mais derivado ao noso entender pola des-localización de provedores cara outros países, nun intento de redución de custes de producióne materias primas,e asactuais e supostas dificultades loxísticas tralaera post-COVID.

Cabería analizar si esas dificultades de compoñentes, loxística, oufalla de transportistas e debido precisamente a esa des-localización, e as condicións organizativas i económicas que se implantaron no grupoe lle esixetamén aos seus provedores, soná consecuencia. De ser así, porque as persoas traballadoras esobre todoas administracións públicas teñen que buscarlle solucióna un problema que eles mesmos crearon?.

É evidente que, o sistema (just un time) no que están inmersos a maioría dos produtores de automóbiles evidenciou,i evidencia dificultades, pero non coma entendea CUT ten o grupo Stellantis. Porque dentro do sectorda automoción podería ser dos mais prexudicados e actualmente segue mantendo dificultades que o resto de construtores non sofren con tanta virulencia?. É unha estratexia empresarial para facer presión a gobernos e as administracións públicas para que desembolsen subvencións?.Porque o centro de Vigo e dos mais prexudicados?.

Está claro que, para a CUT a flexibilidade laboral que se lle permite a fabrica de Vigo a nivel sindical, xudicial,e político é evidente, ao deixar ao marxe ao noso entender en moitos casos o cumprimento da normativa laboral,indo en contra incluso do que se regula en materia de conciliación da vida familiar e laboral. Para que van a mellorar a loxística e fluxo de compoñentes, así como o sistema organizativo, se a marxe debeneficios se incrementa!.

Pero se esquece que, na derradeira décadaos ERTE`s forman parte da nosa vidae son utilizados xunto coa bolsa de horas como mecanismo deflexibilidade laboralantes incluso da era COVID. O ERTE en vigor actual baseado na falla de semiconductores, parece ser que vai ser empregado para calquera circunstanciade falla de aprovisionamentos ou outras circunstancias, un ERTE con posibilidade de ampliación para o vindeiro2024.

Un ERTE que como aconteceu nestes dias, con uns preavisos “a la carta”, causando un prexuizo notable as persoas traballadoras por este abuso sistemático da empresa, sen saber si traballamos ou non o dia seguinte e modificandoos horarios da quenda de noite.

O beneficio empresarial de manter este sistema é evidente, unha vez presentados os resultados económicos do grupo que, multiplican eses beneficios ano tras anoa pesares das paradas produtivas. Menos coches fabricados, pero mais rendemento por vehículo vendido.

Ante a próxima apertura da quenda de fin de semana no Sistema 2, parece serque STELLANTIS ten dificultades para atopar persoas traballadoras. Atópanse agora con esta problemática, que incluso vai máis ala, pois moitas das persoas deciden abandonara fabrica antes de rematalo seu contrato ante a situación de precariedade existente, unha vez comezan a traballar decátanse do salario insuficiente, presións, problemas de saúde, inestabilidade horaria, xornadas maratonianas, dispoñibilidade absoluta …

Ante esta situación de degradación constante, STELLANTIS Vigo no pode sorprenderse de ter dificultades para atopar persoas traballadoras, se as condicións de traballo tivesen unhas condicións económicas acordes ao custe da vida actual, unhas condiciónsde traballo que permitan manter unha saúde físicae psicolóxica dentro da normalidade, unhas condicións sociais que permitan a estabilidade, a conciliación, os horarios estables e coñecidos con tempo de antelación,… en definitiva unhas condicións dignas.

Estase a normalizar no sector da automoción a precarización das condicións económicas, laborais,e sociais como practica inherente ao sector para supostamente sercompetitivos.Cabería preguntarse; con quen temos que ser competitivos?, cos países de baixo custe e condicións laborais de escravitude ao que nos queren levar, ou para seguir pelexando entre plantas do mesmo grupo para ter carga de traballo, unha pelexa que o “guru” Tavares sempre acentúa intencionadamentepara aumentar a marxe beneficios aos accionistas, e sobre todo sobre no seu salario. Pero sen embargo os/astraballadores/as de Vigo percibiron menos paga de beneficios no 2023, a pesares de que os resultados do grupo foron maiores.