PAGAFANTAS

Marta Rodríguez Márquez Secretaria do PP de A Cañiza
Marta Rodríguez Márquez Secretaria do PP de A Cañiza

O banco de néboa é unha ferramenta que empregan as persoas con perfís asertivos para, dunha forma irónica e/ou sarcástica, neutralizar opinións e ideas dos demais. Desta forma se se lles achega alguén e lles di “que gordo estás!”, estas persoas dirían algo así coma “tes razón, debería comer menos”, así fin da discusión antes incluso de que comece.
Pois esta é para os nosos políticos unha maniobra que empregan moito últimamente, e que lles serve, non só para evitar unha discusión, senón tamén para someternos ás súas afirmacións. E deste xeito, conseguen que aprobemos medidas descabelladas, que defendamos incoherencias e aberracións e sigamos con oso día a día coma se nada.
As economías dos fogares están axfisiadas, “si, xa o sabemos, haberá que facer algo” e así nacen as chamadas “paguiñas”; as persoas xa non somos iguais ante a lei, “xa, pero así deixamos de pelexarnos e a convivencia é mellor”, e aprobamos anmistías; e coma iso ocorre “lonxe” de nós, aceptamos barco como animal acuático. E así con todo.
A ninguén lle gusta oílo, pero tanta culpa ten o que o vende coma o que o merca. Aínda que o prezo desta empresa, vámola a pagar todos, porque se algo nos equipara son as obrigas. Parece irónico que unha liberdade como é elixir a quen votas, nos someta despois a todos por igual, e sempre acaben pagando “xustos por pecadores”.
E estas inercias xa instauradas no noso devenir, non só ocorren a nivel estatal. O plan é tan “maestro” que vai desde o territorio máis amplo ao recuncho máis pequeno. Sen ir moi lonxe, a que escribe e os seus propios veciños, están a piques de converterse nos “pagafantas” dun goberno que está xa ten preparada toda a artillería precisa para atacar os nosos petos, porque sendo incapaces de maxexar os cartos públicos con responsabilidade, agora que están ao borde da bancarrota, pretenden salvar os mobles á desesperada, recuadando os nosos cartos e como non, a golpe de ordenanza.
A subida de impostos e tasas municipais é a iniciativa coa que os que nos gobernantes pretenden seguir o esquema dos “de arriba”, meténdonos dobradas medidas que non aparecían en ningún programa electoral. Esta é a idea de “promover” a economía local e veciñal que desde hai tempo se viña agochando entre falsos presupostos millonarios e promesas de cero débeda.
Todos temos aínda fixada na memoria aquela imáxe na prensa: un sorriso impostado e un xesto coa man marcando un cero e esta imaxe acompañada dun titular que rezaba” Remataremos o mandato con débeda cero e ningunha factura pendente de pago”, e agora resulta que temos unha millonada en facturas pendentes… Tamén houbo outra nova, na que se informaban, hai un ano a bombo e platillo, uns presupostos de máis de 7M… Donde vai entón esa morea de cartos? Por que temos que pagar aínda maís agora, se todo ía tan ben fai tan só uns meses?
Acaba de comezar un camiño pedregoso e resbaladizo, resultado dunha victoria que algúns celebraron eufóricos cos puños en alto e cuspindo enriba das papeletas da oposición. Esa “elegancia” característica dos membros de partidos en vías de extinción, era o preludio da mesma “elegancia” coa que nos van saquear os bolsillos, meses despois.
Impaciente por escoitar a versión do banco de néboa que van a empregar, como nos van a dar a razón mentres nola clavan pola espalda e a traición, e como vamos a aceptar sen rechistar e a seguir con noso día a día, máis sumisos e obedientes se cadra, e defendendo esta incoherencia e esta aberración.
Haberá primeira plana esta vez?