Zafra, Malandrea e o bo augururio
(Este vixésimo segundo fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana).
Recollimos o noso poirento campamento cun devagar marcado polos excesos do festín da noite anterior. Ao remate seguimos ao grupo de Zafra e Malandrea até onde decían ter agachada as súas monturas. Eu ía captando a ironía de Zafra e o seu gusto burlón por xogar coas palabras, cando ela e Avicena se coñezan mellor vai ser un choque de trens.
Aínda así, quedei abraiada coma o resto da nosa expedición cando presenciamos como ruxían os motores daqueles impoñentes vehiculos acorazados. Agardaba algo especial ao xeito das nosas ciclosolares. Mais tras a demostración da que fixo gala Malandrea no campamento antes de poñernos en movemento, pero non uns blindados motorizados.
Mentres o resto remataba de recoller os vivaques, comenteille a Malandrea que asombrárame a súa absoluta confianza na maquina hipnótica ao atreverse a adentrarse no noso acantonamento en inferiridade numérica e sen armas. Malandrea soltou unha gargallada.
-Non imos a ningures sen os nosos pacificadores -dixo sinalando un tubo metálico de non mais de dous palmos que penduraba dos seu cinturón.
Fitei pra ela agardando unha aclaración, non alcanzaba a entender que tiña de especial aquela pequena tranca plateada. Respondeu, ante as miñas enarcadas cellas, asindo o tubo, apuntou a un buxo cercano e apretou nun pequeno sainte que tiña o cilindro. Así miñas cellas alcanzaron o máximo da súa curvatura cando un arco voltaico reduxo a cinzas ao pequeno arbusto.
-Electricidade -díxome e continuou falando intentando explicarme o principio científico no que se basaba o artiluxio, pero eu devecía por probalo, sólo necesitaba saber cómo se apretaba o gatillo.
Fun carbonizando un buxo tras outro cunha descontrolada sensación de poder. A batería descargada prolongou a vida do derradeiro arbusto que xa tiña no punto de mira. Malandrea sacoume o xoguete das mans cunha mirada de desaprobación que me fixo arrebolar a miña faciana durante uns intres polo meu infantil comportamento.
A xornada viña cargada de emicións encontradas. Da vergoña ao asombro e agora, unha vez instalada no blindado, á satisfacción por atinar na decisión de acompañar a Zafra e Malandrea ao seu fogar.
Onte ao remate do banquete reunira a Avicena, Gataparda e O Roxo para decidir se deberiamos aceptar o convite que nos ofrecera Zafra na cea para acompañalas atá xunto a súa nai e coñecer o seu poboado nas abruptas montañas do nordeste. Gataparda e O Roxo pugnaban por acompañalas e intentar convecer a Portela e á súa xente que se unirán á nosa alianza contra Arevaléfica. Pola contra, Avicena se decantaba por voltar xa, sen máis derroteros, ao encontro de Prusiana e que só unha pequena comitiva, encabezada polo Roxo, levara a nosa proposición de alianza.
Dubidei durante uns intres. Poder contar no noso arsenal con artiluxios como a máquina hipnótica podería ser unha ventaxa crucial no asalto final á Colmea. Se queriamos convencer a Portela para que se aliñara connosco, nós éramos as mellores embaixadoras da alianza rebelde. Pero me atenazaba a posibilidade da chegada do meu pobo estando eu ausente para recibilos. Non era doado calcular os días de marcha necesarios necesarios en salvar a distancia para un grupo tan númeroso. Porén, segundo a miña previsión máis optimista esta mesma semana podrían dar sinais de vida. Ademais era moi cruel ter a Prusiana unha semana mais sen novas de nós. Levábamos case un mes sen dar sinais de vida, ailladas dos avatares da guerra e sen coñecer os últimas novidades da fronte. Inspirei buscando temperar as miñas emocións.
A miña angueira é rematar coa Colmea, repetinme mentalmente a min mesma. A comandante en xefe e mesmo todo o meu pobo poderían agardar uns días cando estaba en xogo contar coa superioridade tecnolóxica. Non tiña dúbida de que conveceriamos á Portela e o seu grupo de científicos. Cada vez que as súas fillas se referían a Arevaléfica, as súas palabras rezumaban unha profunda xenreira. A miña decisión foi firme e ademais contaba con respaldo da maioría. Agora acomodada neste prodixio motorizado de camiño a Socalcos, o pobo de Zafra e Malandrea, me congratulaba de non deixarme arrastrar pola morriña.
-Áchote agoniada, Senlúa. Parece como se un lóstrego cubrira o teu semblante cunha pátina de tristura -Gataparda percibira na miña faciana o meu regurxitar das emocións do día.
Intentei forzar un sorriso de todo vai ben, pero a miña volición estaba atrapada xunto co meu pensamento. Rememoraba o suceso da mañá con Malandrea e o seu tubo raios. O rubor prendía nas miñas fazulas. Ela non mo tivo en conta, de feito logo estivo explicándome a necesidade de reducir a latencia no disparador do pacificador e non sei cantas cousas máis nunha jerizonga técnica inintelixible.
Non facía falta que ninguén me sinalara, o ardor da vergoña bulía no meu interior. Perdera o control ante o poder destructivo que me conferiu aquel artiluxio. Unha inesperada sensación de superioridade embargoume en canto apretei o gatillo e o arco voltaico foi reducindo a cinzas os buxos.
Como se sentiría a sociedade prehecatombe con toda aquela tecnoloxía que tiveron ao alcance das súas mans. Como de endiosadas, invulnerables e todopoderosas, as elites que argulleron a dixitalización da vida, como se está poiderase conter e recrear entre ceros e uns. Agardo que o sucedido sexa para min un estigma que me faga recelar de toda tecnoloxía que non vaia parella coa ciencia e non este baixo control democrático.
O tronar das bocinas dos vehículos exilioume da miña abstración. Zafra mandara por diante o motorizado máis lixeiro para avisar da nosa chegada. Atravesamos un angosto desfiladero que daba acceso a un poboado enclavado nun pequeno val. A disposición aterrazada nas ladeiras das montañas facíalle xustiza ao seu topónimo. A xente do poboado formaba unha media lúa na praza na que aparcamos. Os vítores resoaban entre as bocinas. O xubiloso recibimento era un bo augurio para acadar a alianza que viñamos propor. O destino reunía de novo as Puxeiras. Hoxe a noite seguro que ecoitaríamos máis dunha enmorriñada historia dos tempos da desaparecida Tameiga.