O rexurdir do Comercio de Proximidade en Marín: Unha Mirada Optimista ao Futuro

Estrela de Marín A Nova Peneira
Yonathan Carreira Figueiras (Director Xerente Centro Comercial Aberto Estrela de Marín)

Nos últimos anos, o comercio de proximidade en Marín experimentou unha serie de transformacións que deixaron una pegada significativa na comunidade local. Aínda que os retos non foron poucos, a resiliencia e a adaptabilidade do tecido comercial local creou un entorno comercial que reflicte a vitalidade e a autenticidade desta vila da provincia de Pontevedra.

O comercio de proximidade, coas súas tendas e negocios familiares, é o alma de calquera localidade. En Marín, este tecido comercial foi testemuña fiel da evolución do consumidor moderno e soubo axustarse ás demandas cambiantes. A pesar da competencia de grandes cadeas e do auxe do comercio electrónico, os comerciantes locais atoparon formas innovadoras de destacar, coas que ofrecen un valor único aos seus clientes.

Un dos aspectos máis notables, é a conexión persoal que ofrece o comercio de proximidade. Os propietarios das tendas coñecen aos seus clientes polo nome, comprenden as súas necesidades e ofrecen un servizo personalizado que dificilmente se atopa nos grandes establecementos. Esta conexión humana é un tesouro que agrega un valor inigualable á experiencia de compra e contribúe á construcción dunha comunidade máis forte e cohesionada.

Ademais, o incremento do interés nos productos locais e sostibles beneficiaron ao comercio de proximidade en Marín. Os consumidores agora valoran, non só a calidade dos productos, senón tamén a súa orixe e a historia que existe detrás deles. Isto levou a un renacer de tendas especializadas que ofrecen productos locais, desde alimentos frescos ata artesanías únicas, proporcionando aos residentes de Marín unha gama máis amplia e auténtica de opcións de compra.

Nembargantes, non podemos ignorar os desafíos que enfronta o comercio de proximidade. A pandemia da COVID-19 deixou cicatrices na economía local, pero tamén serviu como catalizador para a innovación e a adaptación. A dixitalización dos negocios locais, a implementación de servizos de entrega (os nosos asociados, entregan en 24h os seus productos en calquera punto da península) e a presenza na plataforma en liña www.comerciodomorrazo.com, permitiron aos nosos comerciantes chegar a unha audiencia máis amplia e manterse relevantes nun mundo cada vez máis conectado.

Incidindo neste punto, vimos de instalar un MUPI dixital que permitirá aos establecementos asociados, publicitarse dunha maneira máis eficaz xa que representa una oportunidade única para o comercio local, no reto de mellorar a comunicación publictaria na contorna urbana.

En resume, a situación actual do comercio en Marín é una testemuña da fortaleza e a resistencia da comunidade local. A medida que os consumidores continúan procurando experiencias de compra máis auténticas e conectadas, o comercio estará ben posicionado para prosperar. Para isto, é crucial que a veciñanza continúe apoiando a estos negocios locais, recoñecendo a súa importancia, non só como proveedores de bens e servizos, senón como alicerces fundamentais que dan forma á identidade e á vitalidade de Marín. Cun enfoque colaborativo e unha apreciación renovada “polo local”, o comercio de proximidade en Marín ten o potencial non só de recuperarse, senón de florecer nos vindeiros anos.