Baixo o nome “A maxia do Nadal” concéntranse durante estas dúas semanas unha chea de actividades pensada principalmente para as familias e os nenos.
O Nadal avanza na Guarda coa proposta de actividades variadas que incorporan concertos tradicionaais, decoración de Nadal, deporte pero sobre todo actividades para que as nenas e nenos da Guarda teñan asegurada a diversión durante as tardes nestes días de vacacións escolares.
Así, coa visita do Papá Noel o pasado 23 de decembro a carpa instalada na praza de Avelino Vicente abreu as súas portas para seguir recibindo durante as seguintes dúas semanas.
O día 27 de decembro durante toda a tarde, a carpa e a Praza de Avelino Vicente foron convertidas nun campo de xogos, dos de toda a vida: xogos de puntería, a rá, zancos, construccións, a buxaina…
A diversión continuará na tarde do día 28 de decembro tamén con xogos pero en forma de baile e musica. O espectáculo “A bailar no Nadal” é unha proposta interactiva na que a historia e os personaxes desafiarán ao público para seguir as coreografías. A actividade será as 17h. cunha duración estimada dunha hora e vinte minutos.
O venres 29 de decembro ás 17h. será o momento en que Paco Nogueiras recale na Guarda dentro da súa xira de Nadal, co seu concerto “C@nto contigo” o popular músico infantil repasará as cancións mais cantareiras e coñecidas do seu repertorio, que sen dúbida as pequenas e pequenos da casa ben coñecen. O espectáculo comezará as 17h. E conta cunha duración estimada de 50min.
Durante o fin de semana a programación infantil dáse unha tregua permitindo aos pequeno continuar cos desprazamentos e as visitas familiares típicas desta época e volverá no seguinte mércores 3 de xaneiro co espectáculo infantil “As Palabras Perdidas”, que da man de Bea Campos (Migallas) e Marcos Alonso (ÁrtikaCía) darán vida á Condesa Colorada e ó seu axudante Leocadio, viaxeiros chegados dende moi lonxe que percorren as vilas e aldeas contando historias, pero ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. A cita será novamente ás 17h.
O xoves día 4 a diversión volve coller forma de xogos, e durante toda a tarde ( entre ás 17 e as 19h). Os nenos da Guarda terán que superar diferentes xogos, probas e desafíos a cargo dos monitores que dirixen a proposta “Xogos de Nadal”
E como cada ano a programación rematará coa Cabalgata de Reis, que este ano cambia o seu itinerario, saíndo do Porto da Guarda ás 18h.

RESUMO DA AXENDA:
27 DE DECEMBRO
17h. A 19.30h.Praza de Avelino Vicente
XOGOS POPULARES: Xogos de madeira, da rá, zancos, buxainas, combas…
28 DE DECEMBRO
17:00H. Praza de Avelino Vicente
A BAILAR NO NADAL, espectáculo infantil
29 DE DECEMBRO
17:00H. Praza de Avelino Vicente
PACO NOGUEIRAS EN CONCERTO “CONTO CONTIGO”
30 DE DECEMBRO
20:00h. Centro Cultural
CONCERTO GOLD AND COLT
3 DE XANEIRO
17:00H. Praza de Avelino Vicente
AS PALABRAS PERDIDAS, espectáculo infantil
4 de XANEIRO
17:00 a 19.00h.h.
Xogos de Nadal: retos, música, baile
5 DE XANEIRO
18:00h. Cabalgata de Reis e Recepción dos Reis Magos
