Dentro das actividades “Encontros coa poesía”
IES A SANGRIÑA
Luns 18 de marzo
A Bibliotrega Magdalena Garabatos do IES A Sangriña organiza un encontro entre o alumnado de 1º e de 2º de Bacharelato do centro co poeta Mario Obrero o día 18 de marzo.
Dentro do programa de actividades organizadas pola Bibliotrega M.G. do IES A Sangriña (en colaboración coa asociación Espazo Lectura) entre as que destacamos a celebrada o pasado luns 11 de marzo onde tivemos como convidado ao gañador do Premio Merlín de poesía 2022, Anxo Iglesias, o vindeiro luns 18 de marzo estará no noso centro o poeta Mario Obrero celebrando un encontro cun grupo de alumnos e alumnas de Bacharelato.
Mario Obrero é unha das voces máis interesantes do panorama poético do Estado. Os galardóns recibidos como o Premio de Poesía Joven, Félix Grande en 2018, o Premio Loewe á Creación Joven polo seu poemario Peachtree City en 2021, e o Premio Nacional de Juventud na categoría de Cultura 2023, son exemplos dun xeral recoñecemento do mundo das letras á súa actividade poética na que destaca a súa preciosista mirada a situacións e emocións sen esquecer activos posicionamentos éticos diante da Memoria Histórica xunto á admiración pola riqueza lingüístico cultural do noso país (Cerezas sobre la muerte, 2022) ou a interpretación libre da linguaxe e da mirada poética en Peachtree City, 2021 ou Carpintería de armónicos, 2023.
Mario Obrero, ademais da súa faceta creativa, destaca pola participación en proxectos de fonda pegada cultural e divulgadora como da o exemplo de ter sido presentador do programa da RTVE, Un país para leerlo, desde 2022 ata 2023.
II XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA.
A GUARDA, 19 e 22 MARZO/ 2 ABRIL 2024
IES A SANGRIÑA e SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO
A Asociación para a recuperación da Memoria Histórica do campo de concentración de Camposancos e a fosa común de Sestás, e o IES A Sangriña, en colaboración co Concello da Guarda, organizan a IIª Edición das Xornadas de Memoria Histórica que ten como obxectivo acercar ao alumnado do IES A Sangriña e ao público en xeral da vila da Guarda, diversos aspectos relacionados coa investigación sobre a Memoria Histórica tendo como punto de referencia as investigación en torno aos acontecementos acaecidos durante a Guerra Civil e a inmediata posguerra.
As intervencións dos distintos investigadores e conferenciantes invitados se organizan en dobre sesión e sede: polas mañás a partir das 12:20 hrs no Salón de Actos do IES A Sangriña para o alumnado do centro e polas tardes, ás 20:00 hrs, no Salón de Plenos do Concello da Guarda (Casa dos Alonso).
O programa para estas II Xornadas de Memoria Histórica é o que segue:
– Martes 19 de marzo. O profesor de ensino secundario Paulo Nuno Torres Bento acercará a visión que desde a veciñanza portuguesa se derivou dos acontecementos da nosa Guerra Civil na conferencia, A Guerra de Espanha. O Concelho de Caminha e o Alto Minho ao tempo do conflito: 1936-1939.
– Venres 22 de marzo. O escritor e investigador ástur Marcelino Laruelo Roa falará das súas investigacións sobre os represaliados da Guerra na súa ponencia, Luchar por la Libertad. Defender al prisionero.
– Sábado 23 de marzo. Unha Andaina Memorialista guiada por José A. Uris e Marcelino Laruelo percorrerá os lugares máis significativos da Memoria Histórica guardesa (A Sangriña, fosa de Sestás, campo de concentración de Camposancos)
