Os/as Socialistas da Guarda acadan o compromiso de Carrero para retomar a saída súr

Os/as Socialistas da Guarda acadan o compromiso de Carrero para retomar a saída súr.

A portavoz socialista, Fátima Rodríguez, afirma que “é incomprensible que despois dun ano de mandato, e de que o Partido Socialista lle deixara o traballo totalmente encamiñado, o alcalde non teña avanzado un só paso neste proxecto tan vital para o noso concello. Durante anos, na oposición, fixo promesas e críticas, mais agora demostrou que as súas palabras eran só demagoxia”.

A Guarda, a 29 de setembro de 2024

A semana pasada os/as socialistas levaron a pleno unha moción para esixir ao actual goberno que volva a retomar o proxecto da saída sur ao porto, tema que Carrero deixou “tirado nun caixón” desde que foi nomeado alcalde.

“Este alcalde é experto en boas palabras e promesas, pero evita enfrontarse aos asuntos importantes porque, dun lado lle requiren moito traballo, e por outro os seus intereses non están na mellora da Guarda, senón nas súas propias aspiracións políticas. Vendo que só actúa nos temas cruciais cando se lle presiona, decidimos levar esta moción ao pleno”, afirma a portavoz socialista.

Afortunadamente a moción aprobouse, e Carrero queda deste xeito comprometido coa Guarda a poñerse a traballar de forma inmediata pola saída sur ao porto, xa que no seguinte pleno ordinario, que será en novembro, deberá informar aos membros da corporación dos avances acadados.

Os/as socialistas esperan que o alcalde cumpra coa súa palabra e actúe conforme ao compromiso adquirido. Porén, lamentablemente, están afeitos/as a ver como fai promesas que logo non se materializan, e anuncian que seguirán vixiantes para asegurarse de que non volva deixar “aparcado” este proxecto tan importante.