O Concello de A Guarda censura a A Nova Peneira?

Logo A Nova Peneira

O noso medio de comunicación leva sen recibir unha soa nota de prensa deste concello desde o mes de abril, si, desde abril. Nós 14 anos da nosa historia sempre recibimos as notas de prensa do Concello de A Guarda, localidade na que temos unha presenza moi relevante con ducias de anunciantes e subscritores, de maneira regular. Por que agora xa non as recibimos?.Se cadra este goberno da dereita guardesa, e o seu socio comunista, censuran aos medios que temos unha posición crítica cara a quen non ten vergonza en facerse fotos cun líder da extrema dereita, e de pactar con supostos comunistas para acadar o poder?

Só o tempo o poderá dicir.