Manuel Alfonso Estévez, fillo de Fornelos da Ribeira
Fai hoxe mais de cento trinta e tantos anos, que nacera en Fornelos da Ribeira, e 85 que non lograra saír con vida nin conmutar as penas de morte ante as duras condicións carcerarias, pero aí onde te encontres, queremos que a través de A NOVA PENEIRA, ¡A Nosa Peneira! que saibas da confección desta Carta da Memoria, expresamente para ti, e para os compañeiros que compartiron contigo aquel destino imposible, analizado e contextualizado que ben merece o noso recoñecemento.
Sabemos que daquelas prisións franquistas saíron cartas que salvaron vidas, lograron conmutar penas de morte, e contribuír a supervivencia ante as duras condicións carcerarias. Logo de tantos anos, queremos que saibas que sentimos o orgullo da túa vida, de quen eras,de como eras, por onde pasaches, onde viviches, como mirabas e como sorrías. E tamén o que pasou. E e duro de ler o teu sumario cheo de mentiras e inxustizas. E te teño idealizado valente e decidido loitando por defender a liberdade, tan honesto como para volver a Fornelos da Ribeira, coa inocencia e tranquilidade quen so sabe que fixo o correcto.
Fuches nado en Fornelos da Ribeira en 1.888 e finaches en Burgos o 18-01-1.940 sendo xastre, sindicalista e político.
Sabemos que te casaches con Rosa Estévez Rodríguez o dia 9-12-1.918 sendo carteiro, que emigraches a Cuba no 1.920 sendo colaborador de El Tea. Tamén sabemos que retornaches no 1.922 a Fornelos da Ribeira e te instalaches como xastre, fuches nomeado como o catro tenente de alcalde
de Salvaterra do Miño, e si mal non me lembro, fuches elixido presidente do sindicato EL PROGRESO no 1.933. Co Frente Popular reposto de concelleiro do Axuntamento de Salvaterra, e con o golpe do 18 de Xullo do 36, tiveches que fuxir o monte reclamado polo xuíz militar de Vigo, o 15-09-1.936, cos compañeiros, Manuel Monteagudo Rodríguez, Manuel Mariño Méndez, José Macías Gutierrez, Vicente DomíngueznVilar, Etelvino Tielas e Román Santillán.
Detido e xulgado en Vigo, por un consello de guerra o 27-07-1.937 fuches condenado a 30 anos e trasladado a Prisión Central de Burgos, para cumprir condena, abríndote expediente – ademais – de responsabilidades políticas no 1.938 e finando na Prisión de Burgos o 18-01-1.940.
Aquí queda pois, a túa ausencia para sempre. E, viñeron os anos de “silencio” ata esta Carta da Memoria, coa túa conciencia tranquila, a túa defensa da legalidade e o posto que te encomendaron na vida, orgullo de ti e dos teus compañeiros de fatiga.
Logo de tantos anos, seguimos pensando na túa actitude admirable, nos teus anos de luz ante os verdugos, en términos de valores, de honestidade e valentía, deixando o listón moi alto na loita pola
verdade, sendo fillo de Fornelos da Ribeira.
¡Cantos anos calados sen oír a coletilla da túa voz muda, con nome e apelido, con historia e con vida plena, arrancada no alba!
Mataron teu corpo, pero non puideron coas ideas que defendiades. Hoxe, na democracia, logo daqueles anos de ditadura feroz, grazas A NOVA PENEIRA, rescatamos o teu nome e a dos compañeiros enganchados no vento, lanzando o mundo enteiro esta Carta da Memoria, coa a historia arrebatada.
A túa morte non foi en balde, porque aquí deixaches o legado da dignidade e liberdade. E o silencio das familias enchendo o oco da presente Carta da Memoria, reencontrándonos con plena lucidez e consciencia dese tráxico final.
D.E.P.
Notas: El Tea, do 23-10-1,920; 13-05-1.922. El Pueblo Gallego do 22-01-1.933. El Tea do 14-02-1.933. Base de datos dos concelleiros republicanos. Requisitorias de El Pueblo Gallego do 15-09-1.936. El Ideal Gallego do 20-03-1.938. BOE do 13-12-1.940.
