1º edición da entrega de premios Antiviguesas Distinguidas

Manu Santos de Greenpeace e Cristóbal López de Ecoloxistas en acción

O pasado xoves 12 de marzo celebrouse , nun céntrico local do casco vello vigués, a 1º edición da entrega de premios “ Antiviguesas Distinguidas”. O evento estivo organizado por Ecoloxistas en Acción en colaboración con distintos colectivos que traballan en prol do ben común:Greenpeace, FAVEC, Sindicato de inquilinas de Vigo…

Estes premios nacen con vocación de continuidade e, dado o enorme éxito que tivo esta primeira celebración, teño a convicción de que a continuidade está asegurada. O obxectivo dos premios é recoñecer o traballo de distintas asociacións e colectivos que tratan de achegar a súa contribución na construción dun modelo de cidade máis amable, ecolóxica, humana e xusta.

Este premios non teñen intención de minusvalorar nin moito menos a aqueles e aquelas que no pasado, no presente e no futuro sexan galardoados coa distinción de vigués distinguido, o que pretenden é amosar en clave de humor que moitos outros modelos de cidades son posibles e que quen confunde a súa visión persoal da realidade coa realidade non está nin moito menos no lado correcto da historia.

Estes premios nesta edición en concreto diferenciaron tres categorías distintas, cada unha das cales recibiu o seu galardón:

-A categoría “ Outro modelo de cidade” premiou a asociación “ Beiramar da Xente”.Eles son un conxunto de colectivos que teñen como obxectivo defender e preservar o patrimonio industrial da nosa cidade

-A categoría de “medio ambiente”premiou a “ Amigas das Árbores”.Eles son un colectivo que defende a importancia vital que teñen as árbores e os espazos verdes na construción de calquera cidade. E abofé que tendo e conta as pulsións arboricidas do alcalde Abel Caballero a tarefa desta asociación é a todas luces titánica.

-A categoría “Xustiza social” recoñeceu ao Foro Socioeducativo As Ninguéns pola súa heroica loita contra a pobreza e a exclusión social logrando que en moitas ocasións se poida visualizar aos que a administración prefire non ver, e darlle voz á quen habitualmente non a ten.

Os ninguéns recollendo o seu premio

Primer comentario

Deixa a túa opinión