Paulo Vila [Comité Antifascista da Louriña]
O pasado 12 de marzo fíxose o 40 aniversario do fraudulento referendo da OTAN convocado en 1986 polo goberno do PSOE presidido por Felipe González. Contou co rexeitamento da maioría do pobo traballador galego, obtando o 61% pola abstención, e respecto da poboación que participou, o 38% votando non.
No actual contexto xeopolítico, de perda da hexemonía global do imperialismo anglo-ianque-sionista e co aumento das contradicións no seu interior, tal e como puidemos comprobar perante as tensións e escaramuzas entre a fracción conservadora e a globalista dentro da Alianza Militar Atlántica por mor das ameazas expansionistas da Casa Branca de anexionar Groenlandia, xunto coa consolidación do Mundo Multipolar, ábrese unha porta de posibilidades para as forzas antifascistas e antiimperialistas á hora de avanzarmos na culminación dos nosos obxectivos tácticos e estratéxicos.
Coa guerra provocada pola UE/OTAN contra a Federación Rusa en Ucraína, o xenocidio sionista na palestina, ou ca agresión da Coalición Epstein contra o Líbano e contra a República Islámica do Irán en curso, as forzas que pertencemos ao campo obreiro e popular temos a obriga de situar como eixo central da nosa actividade nas rúas e centros de traballo, a denuncia sobre o grave perigo que supoñen os perversos plans de guerra global do imperialismo.
No noso país a Plataforma Galiza pola Paz, entidade na cal o Comité Antifascista da Louriña está integrado, leva durante estas semanas convocando mobilizacións co obxectivo de ir concienciando os sectores populares sobre as graves consecuencias que para a nosa vida terán os plans de morte e destrución imperiais. Do mesmo xeito, xunto aos Comités Anti-OTAN de Compostela e Lugo, estamos desenvolvendo a campaña `Pola Terra, Contra a Guerra´ para alertarmos tanto da fascistización e militarización da sociedade, como do papel que para o imperialismo ten Galiza dentro da economía de guerra e da cadea armamentística global.
Estas iniciativas, sumado á actividade específica do CAL no noso marco respectivo de loita, expresando a solidariedade internacionalista coa Rusia Antifazista e co Eixo Antisionista resistente encabezado por Irán, situounos no punto de mira tanto dos fascistas locais, como de sectores neonazis ucraínos. A campaña de sinalamento dos nosos membros que durante este mes foi iniciada por elementos reaccionarios, constata a acertada e coherente liña antifascista e antiimperialista que desenvolvemos.
Por esta razón tamén debemos prepararnos para un futuro escenario onde a censura e a represión sen dúbida van incrementarse. Co paso do tempo, co aumento das contradicións, co aumento da debilidade do imperialismo e por consecuencia co aumento da súa ferocidade, a rede gladio e as organizacións fascistas serán utilizadas polos servizos de intelixencia inimigos para sinalar, perseguer, e eliminar os sectores máis combativos e organizados do pobo traballador galego.
Vivimos tempos excepcionais, onde á vez que se van dando as condicións para avanzarmos tamén aumenta o risco e perigo para nós. Estamos comprometidos totalmente co noso pobo e coa nosa clase, por está razón temos o deber de dicir as cousas tal e como son, por moi duras e difíciles que poidan parecer.
O antifascismo combatente galego organizado no Comité Antifascista da Louriña estará sen ningún tipo de dúbida á altura das circunstancias. Poñámonos pois mans á obra!
Antifascistas e antiimperialistas sempre!

Primer comentario