Paulo Vila. Comité Anti Fascista da Louriña
No segundo aniversario da operación `Treboada de Al-Aqsa´ do 7 de outubro, organizada pola resistencia armada palestina contra o apartheid sionista, e en plena escalada belicista das desquiciadas elites globalistas europeas contra a Federación Rusa no leste de Europa, non debemos cair na errónea concepción de interpretar dous dos principais conflictos de actualidade mundial de maneira illada, sen enterdermos que hai un fío condutor común entre eles.
Os plans de guerra global do imperialismo anglo-ianque-sionista, e a perda progresiva da sua hexemonía mundial, son a principal causa dos conflitos, das guerras, do sometemento e saqueo dos pobos, e de tódolos problemas socioeconómicos que padecen os oprimidos e explotados baixo o seu xugo.
A consolidación do Mundo Multipolar encabezado por China, Rusia e Irán, presentándose como unha alternativa máis razoábel ao dominio e saqueo neocolonial occidental, é a principal ameaza para o imperialismo. Por esta razón, para tentar reverter a situación, tal e como ten feito noutros períodos históricos, recorren á guerra.
Foi o imperialismo, incumprindo a palabra de non expandirse ao leste ca OTAN, quen provocou a guerra contra a Federación Rusa, utilizando de proxy a Ucraína, e como punta de lanza, os neonazis banderistas desde 2014. Ese mesmo imperialismo, responsable de crear artificialmente no ano 1948 na Palestina, baixo dominio británico, o ente colonial sionazista de Israel.
A negativa das elites europeas de facer realidade os acordos de Minsk, a ameaza de entrada de Ucraína na OTAN, a ilegalización de forzas políticas e sindicais críticas co réxime de Kiev, ou a persecución e o asasinato da poboación rusófona no Donbass, obrigou a Rusia, a ter que realizar a Operación Militar Especial, para protexer os cívis e defender a súa seguridade territorial.
Do mesmo xeito, que a resistencia palestina, encabezada por Hamas, logo de 77 anos de xenocidio sistemático, apoiado e financiado por Occidente, decidiu golpear o 7 de outubro de 2023, o ente terrorista de Israel. En represalia, o criminal goberno de Netanyahu, non só acelerou os plans expansionistas, e a ocupación da faixa de Gaza, senón que tamén pretende desestabilizar a rexión de Asia Occidental, sendo a República Islámica de Irán, a principal ameaza para o sionismo.
Tanto nun conflito como noutro, o imperialismo pretende lograr o mesmo obxectivo, debilitar a Frente Multipolar. Tentan destruír a Rusia e Irán, para posteriormente, poder enfrontar a República Popular China en condicións.
No primeiro caso, dominando e saqueando os grandes recursos naturais de Rusia, e no segundo, alén de apropiarse do petróleo iraniano, eliminando o eixo da resistencia antiimperialista, para que o sionismo, poida lograr os seus obxectivos expansionistas ca creación do Gran Israel.
Desde o Comité Antifascista da Lourinha, sabemos ben de que lado temos que estar. Do lado da Frente Multipolar, ca Rusia antifasZista, e a resistencia antisionista!
Continuaremos nas rúas da comarca, alertando os sectores populares, do grave perigo que teñen os plans belicistas imperiais. Non podemos permitir que nos arrastren á Terceira Guerra Mundial!
Antifascistas e antiimperialistas sempre!
