Non ao acoso

Artigo de opinión A Nova Peneira

Patricia Pampillón. Veciña de Torneiros e activista social

Ante a persistencia e aumento actual de casos de bullying en nen@s  que volven marcar a actualidade da nosa sociedade, onde varios rapaces foron vítimas de episodios lamentables de humillación e acoso, citar por exemplo que nun deles outros rapaces da súa idade se burlaban dun neno de once anos nun episodio que debería ser alegre,  xa que durante a celebración do seu aniversario transformaron o tradicional cántico de Feliz Cumpreanos nunha letra ofensiva por ser un neno con quilos de máis co agravante neste caso de que esa humillación foi gravada cun móbil. O neno sufre secuelas psicolóxicas graves. Noutro caso unha nena de só dez anos decide tirarse dun balcón tamén por acoso e vexacións varias dos seus “compañeiros”

Son dous exemplos de casos dos moitos que lamentablemente se seguen producindo non só pola constitución física senón que tamén pola cor da pel, procedencia ou pola sua orientación sexual. 

Dende o coñecemento que tristemente me dá a experiencia persoal, xa que polos meus quilos de máis, polo meu exceso de lanuxe corporal e tamén por falar galego eu sufrín en primeira persoa  urlas, insultos e desprezos dalgúns malnacidos que tiña como “compañeiros” de colexio, sei o que é sentirse intimidada, vivir o medo da chegada da hora do recreo porque era cando máis me buscaban para facerme centro das súas mofas e humillacións que non cesaron ata que xa fun medrando.

Despois de anos de terapia e reforzo positivo sigo con inseguridades, baixa autoestima e ansiedade que o acoso ou bullying causou en min e que para non preocupar a miña xente nunca trasladei  nen o ámbito familiar nen moito menos o do colexio. 

Caláronme e ameazáronme empregando tamén a integridade das miñas irmás dicíndome que pagarían as consecuencias de eu contar ou dar parte do que estaba pasando. Iso deume moito medo, máis aínda e agora que  estarán coñecendo  todo isto ao ler este artigo.

Atopeime no Instituto con xente que me apoiou, me aceptou como era e me ensinou a defenderme e facerme valer e iso foi para min a miña mellor terapia e unha táboa de salvación..

Non collín o camiño de parar eses abusos e sufrimentos desaparecendo grazas a esas persoas e a existencia de miñas irmás e sobre todo a mellor psicóloga que a vida puido darme que foi a MIÑA AVOA. Elixín volcarme en mellorar a sociedade na que me tocou vivir dende onde modestamente cría que podía facelo, primeiro no movemento estudantil, despois no movemento político e finalmente no movemento do asociacionismo veciñal que foi o que mais satisfaccións me deu.

Dende todos eles e sempre coa bandeira da defensa do respecto a todas as persoas por igual xulgándoas polos seus valores, feitos e principios e non por factores externos como poden ser a raza, condición física ou orientación sexual . 

Sego arrastrando as consecuencias que todo o acontecido na miña época escolar ocasionou pero empecei a dar pasos en firme para mellorar sempre dende o aspecto da saúde co meu fortalecemento persoal e empezar a crear a miña autoestima e a fortalecela, proceso no que aínda me atopo inmersa xa que para poder quererse e relacionarse coa hai que empezar sempre por unha mesma.

O acoso escolar por calquera motivo é repugnante e tamén preocupante pero se ademais non se toma consciencia del e non se trata de eliminar e reconducir pódese converter en algo moi perigoso e desembocar en problemas graves emocionais e psicolóxicos. 

O que moitos consideran unha “broma” non o é para quen a sofre que pode ver atacada e destruída a súa autoestima e poder ser o causante de inseguridades e medos que marcan o crecemento e a súa vida e relacións sociais e persoais no futuro, facéndoa unha persoa temerosa, manipulable e nalgúns casos causándose ataques físicos a si mesmo e en casos moi extremos causando ata suicidios.

É labor de toda a sociedade estar alerta e detectar posibles signos de presencia de actitudes de burla, humillación e ataque hacia persoas indefensas ou cunha sensibilidade especial e actuar ante elas non sólo denunciándoas e rexeintándoas senón tamén dando conta a quen corresponda da existencia das mesmas para poder cortalas de raíz.

Débense rexeitar e reprimir comportamentos de abuso e acoso dos mais pequenos e ante  ondutas de complicidade ou de “gracia” deste tipo de feitos, que ademais gravan e difunden, crécense e aumentan o nivel de abuso. Hai que actúar de xeito contundente e recriminalos xa que se toleran en vez de eliminalos increméntanos. Son tan responsables os bárbaros que comenten esas atrocidades coma os adultos que as aplauden e non as denuncian.

E LABOR DE TOD@S EDUCAR NO RESPECTO PARA EVITAR MAIS SUFRIMENTO E MÁIS TRAXEDIAS. PÓDESE CON AGARIMO E BOA CONVIVENCIA. NA DIVERSIDADE NON ESTÁ O PROBLEMA SENÓN NA NON ACEPTACIÓN DA MESMA.