Marcha contra o Foro ‘La Toja’

O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra – O Salnés mobilízase, un ano máis, contra o Foro que fai do seu sinal de identidade a deturpación do topónimo da Illa da Toxa, sumando forzas coa mobilización convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina, en protesta pola presenza no evento do ex primeiro ministro de Israel Ehud Olmert.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que a deturpación de topónimos fai parte da eliminación da identidade palestina que o Estado de Israel ven desenvolvendo dende a súa fundación.