A Executiva Nacional do BNG acordou apoiar activamente a manifestación nacional en solidariedade con Palestina que vai ter lugar o domingo 4 de outubro, con saída ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela, convocada por Galiza por Palestina e Galiza pola Paz baixo o lema “_Galiza con Palestina. Resistencia, Liberdade e Paz_”.
Somos conscientes de que é abondoso o traballo político que temos que atender no día a día, mais consideramos que o xenocidio que se continúa a cometer contra o pobo palestino require, unha vez máis, da nosa enérxica denuncia e de todo o noso apoio e solidariedade.
Para facilitar a asistencia, haberá servizo de BUS co seguinte horario:
9:45h – Val Miñor – A Ramallosa, parada bus subida a Nigrán
10:15h – Vigo – Local da CIG (Avda. Gregorio Espino 47)
10:30h – Redondela – Chapela, na baixada antes da entrada da AP-9.
O prezo será de 5€ euros por persoa (agás para persoas desempregadas).
Reserva no 986 82 79 00 até as 14:00h do venres 2 de outubro até completar prazas.
Agradacemos que colabores a espallar esta convocatoria convidando á mesma ás persoas da túa contorna. Achégase tamén cartaz para a súa difusión en redes.



