Autor: Redacción A Nova Peneira

Almacenes Moliner

No Porriño, no polígono da Granxa están os almacenes Moliner. Eles xa levan 3 décadas nesta vila da Louriña alumeando as vidas de centos de clientes, que lles distinguen coa súa confianza, a través dos sorrisos dos seus nenos e nenas que se achegan á tenda a mercar xoguetes

Ler máis

A Mesa informa o Consello de Europa dos incumprimentos da Carta Europea das Linguas e das resolucións do seu Comité de Ministros que sofre a nosa lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística informou o comité de expertos da Carta Europea das linguas do Consello de Europea do nivel de cumprimento deste tratado internacional que están infrinxindo a Xunta e o goberno español. Acompañaron a principal entidade de defensa da lingua galega outros colectivos polo galego como a Asociación de Medios en Galego (Amega), Prolingua, Axunta (Eo-Navia) ou Fala Ceibe do Bierzo.

Ler máis

Mostra de petiscos

O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, acordaron levar a cabo unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz-Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días 2, 3 e 4 de febreiro do 2024. Debido á realización de diversas actividades culturais e gastronómicas na comarca, o concello de Mondariz-Balneario decidiu sumarse a estas iniciativas propoñendo coma iniciativa unha ruta de petiscos para reactivar a actividade economizadora no concello en tempada baixa.

Ler máis