Autor: Redacción A Nova Peneira

Territorio renovábel e enerxías ao servizo do país

Os grandes poderes económicos son especialistas en apropiarse do discurso e poñelo ao servizo dos seus intereses. Renovábel, sustentábel ou circular son os novos mantras que o capitalismo utiliza para travestirse de verde e supostamente capitanear a preocupación polo medio e a loita contra a emerxencia climática. As mesmas corporacións que fixeron grandes negocios coas enerxías fósiles e puxeron o mundo ao borde do abismo son as abandeiradas da transición ecolóxica e do desenvolvemento sustentábel

Read More

Que non son xigantes meu señor, senón muíños !

Durante un debate sobre a cuestión eólica mantido no Parlamento de Galicia na pasada lexislatura, un representante da esquerda rupturista dirixiuse á bancada popular acusándonos de fomentar a implantación de “xigantes de ferro” no territorio galego. Comprenderán o difícil que resultou reprimir as ansias por responder á boutade da súa señoría coa famosa expresión de Sancho Panza: Que non son xigantes meu señor, senón muíños !

Read More

“Na Groba liberada…”

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) vimos de presentar nestes pasados días un audiovisual que, contando coa xenerosa colaboración de Tino Baz e a forza da súa música e o seu texto, resume o noso sentir a propósito da “Invasión Eólica” que ameaza a toda Galicia e, no máis concreto, á Serra da Groba

Read More