Autor: Redacción A Nova Peneira

Jessica Souto Loira nova responsable local do BNG en Marín

O BNG de Marín ven de escoller a unha nova responsable local. Lucía Santos, voceira do Bloque no consistorio, que viña exercendo tamén a o cargo de responsable local, ven de ser substituida por Jessica, unha moza de Santomé que asume o seu cargo con toneladas de ilusión e unha enerxía tan contaxiosa que ten a capacidade de construir un ambiente positivo e cómodo en calquera contexto

Read More

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) denuncia a fragmentación artificial dos parques eólicos da Serra da Groba, un procedemento que abrevia e evita a intervención do Goberno estatal na autorización dos parques

Na Serra da Groba a Xunta de Galicia ten previsto a instalación de 6 parques eólicos que espallarán 44 aeroxeradores por toda Serra. Na actualidade están en fase de tramitación o parque eólico do Rosal e o Parque eólico Torroña I, e as estes sumaranse os parques eólicos Toroña, Torroña III, Merendón e Albariño I. As infraestruturas eólicas afectarán ós concellos de Baiona, Oia, Tomiño, e O Rosal

Read More

O fútbol modesto en tempos de pandemia

A situación que vivimos afecta a todas as persoas, e a todos os eidos da vida coverténdoa en algo moi distinto a como a coñeciamos antes de marzo do ano pasado. E o fútbol modesto, unha realidade enormemente popular nas nosas vilas, aldeas e barrios non é alleo ao problema. Na actualidade, só os equipos que teñen a oportunidade de competir en categorías de ámbito estatal poden xogar e adestrar.

Read More