Ana Alonso Presidenta da Xestora do PP de Redondela

PP Concello de Redondela Ana ALonso

Ana é unha moza de Redondela que, despois da partida de Javier Bas á capital do estado ,preside a xestora do PP local.Ven de presentar o apoio do seu partido a un proxecto, creado por un grupo de mozas e mozos da universidade, que ten por finalidade facilitar o acceso da mocidade ao mercado laboral. Conversamos con ela para coñecer este proxecto, e para coñecela a ela en particular. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa

POR DESGRAZA, A REDONDELA ACTUAL É MOITO PEOR Á QUE DEIXOU O GOBERNO DO PP”

Que cargo ocupas no PP de Redondela na actualidade?

Son a presidenta da súa xestora

Es natural de Redondela?

Si, e ben orgullosa que estou.

A que te dedicas?

Eu son economista de formación, e sempre desenvolvín a miña actividade profesional en relación cos meus estudos. Na actualidad son vice directora da compañía Citic Censa , situada no Porriño

Ah vaia que casualidade, entón temos coñecidos comúns .Un dos meus mellores e máis prezados amigos está recén xubilado desa empresa, Xose Carlos De La Fuente.Foi delegado da CIG moitos anos alí. Non sei se como delegado deuche moitos quebradeiros de cabeza ?, pero é un tipo que eu aprecio moito

Ha ha ha ha ha. Ben, digamos que como todos os delegados sindicais. Pero coincido contigo en que Xose Carlos é moi boa persoa.

Que significa para ti, que un militante do PP de Redondela,Javier Bas, sexa deputado no parlamento do estado?

Estou tremendamente orgullosa.Pero non só eu, senón todos os militantes e simpatizantes do PP de Redondela

E ti pensas que para Redondela,ese feito, supón algún tipo de beneficio concreto?

Si, Rotundamente si. Javier é un home emocionalmente pegado a Redondela e non desaproveita ningunha ocasión para amosalo e para pelexar con toda a intensidade posible polo ben común do noso pobo.

Recoñezo que para min foi unha sorpresa que che fixeran presidenta do PP local.Tiña a convicción de que a elexida sería Mari Carmen Amoedo. Cales son os motivos que levaron a tomar a decisión de escollerche a ti?

Non che podo responder a iso pois non o sei. A decisión saíu dunha xuntanza moi cordial na que estivemos, entre otros: o presidente provincial Alfonso Rueda, Javier, Alberto Pazos, Mari Carmen e eu mesma. Puxemos encima da mesa todas as opcións, e finalmente acordouse por unanimidade proporme a min

Ti esperábalo, ou foi unha sorpresa?

Nun primeiro momento foi unha sorpresa, pero no PP de Redondela temos claro que o proxecto é o mais importante, e todos estamos a disposición do equipo.

E como valoras a túa etapa de presidenta do PP local?

No que respecta ao traballo cos meus compañeiros e compañeiras estou moi satisfeita, pois o grupo humano é estupendo. No que se refire ao contexto xeral pois, que che vou dicir, é enormemente complicado nunha situación de pandemia inédita na nosa historia. E por último a miña opinión ao respecto da política local é que o goberno bipartito presenta unhas carencias notables que por desgraza fan unha Redondela moito peor á que deixou o goberno popular.

En que temas en concreto é peor a Redondela actual, que a Redondela do alcalde Javier Bas?

Sen entrar no día a día xa che podo dicir que o goberno municipal ten dous enormes problemas estruturais que fan que a súa práctica política sexa desastrosa, que son :- A desorganización e falta de previsión, que os leva a funcionar a impulsos, sen ton nin son, e- Unha enorme falta de transparencia

Caramba pois sorpréndeme o da trasparencia, pois cando AER estaba na oposición era unha das súas bandeiras

Si, xa, pero ás veces entre o que se di que hai que facer, cando se está na oposición, e o que se fai cando se está no goberno hai bastante distancia.

Recentemente presentaches un plan de emprego.Explícasnolo?

Esta é unha plataforma moi ambiciosa, innovadora e solidaria que parte da iniciativa dun grupo de mozos e mozas que demandan o noso apoio co fin de impulsar unha reconstrucción social e económica, e de que á mocidade lle dean a oportunidade de participar nela, conseguido emprego de calidade para unha xeración enormemente formada pero con moi poucas oportunidades. A plataforma chámase “Universitarios Preparados “e trata de buscar sinerxias entre a mocidade, as empresas e as administracións

Pero entón esta é unha iniciativa que parte da sociedade civil, ou é partidista?.Quero dicir se estos mozos que a crearon teñen vinculación coas Novas Xeracións do PP?

Esta é unha inciativa non partidista.Estos mozos pois descoñezo se son de dereitas, de esquerdas ou de centro. Entendo que haberá de todo, pero non é unha iniciativa das mocidades do PP.

Son eles os que se dirixiron a Vós?

Si, pedindo o noso apoio

E por que se dirixen ao PP de Redondela?

Dirixíronse a todos os grupos que teñen representación na corporación, pero que eu saiba moito caso non lles fixeron no goberno municipal. A min, e aos meus compañeiros e compañeiras do PP, desde o primeiro momento pareceunos unha iniciativa moi positiva, reunímonos con eles, e démoslle e darémoslle todo o noso apoio para que teña éxito.

As xuntanzas foron físicas ou telemáticas?

Cando se podía físicas, e cando non telemáticas

As físicas onde as celebrastes?

No multiusos

A área xeográfica que cubre esa iniciativa cal é?

Toda Galicia. Nós o que queremos é que o proxecto piloto comece en Redondela, que teña éxito e que se poida espallar, porqué non, a outras partes de España.

Tiveches algunha conversa coa alcaldesa ao repecto deste proxecto?

Non

E tes a certeza absoluta de que o goberno municipal foi informado da súa existencia?

Si, teño constancia de que foi así.

O PPdG noutras zonas de Galicia está tamén interesado en apoiar esta iniciativa?

A nivel autonómico despertou moito interese, e haberá que ver o seu percorrido en función dos resultados que acade en Redondela, se conseguimos o apoio institucional necesario para levala a termo.