Etiqueta: Monarquía

Contra a monarquía

Velaquí a nai do año. Este lema haino que proclamar na rosa dos ventos: contra a monarquía. Pensen como pensen, profesen a fe que profesen, voten a quen voten. Porque estar contra a monarquía lévanos a estar coa democracia. A realeza é o principal escollo para que un pobo exerza totalmente a súa soberanía

Ler máis

O misterioso caso do Partido Socialista Obreiro monárquico

Cando eu tiña a idade que ten agora a miña filla, catorce anos, devoraba con avidez as novelas de Agatha Christie. Encantábame mergullarme naquelas misteriosas viaxes imaxinarias creadas pola escritora inglesa de prodixiosa imaxinación, nas que , aos poucos ían agromando pistas que trataban de facilitar que o lector ou lectora puidese descubrir quen era a persoa que cometeu o asasinato descrito, antes de rematar a lectura do libro

Ler máis
Cargando