
No ano 2.015 celebramos en O Porriño a I Gala de Comunicación A Nova Peneira, queriamos premiar a persoas ou colectivos que coa súa actividade contribuíran á construción de realidades máis xustas, alén de recoñecer ás mulleres e homes que co seu esforzo, entrega e xenerosidade fan posible que A Nova Peneira sexa unha referencia que nos ilusiona. A día de hoxe xa son tres as galas que celebramos, sempre no restaurante Manolo de O Porriño e sempre en xaneiro dos anos impares. Os premios que outorgamos son os seguintes: Anunciante, colaboradora, colaborador, institucional, Toda unha vida ao compromiso social, Bo e Xeneroso. E a modo de exemplo algunhas das persoas que foron premiadas.
Premio colaborador: Carlos Meixome
Premio bo e xeneroso: Camilo Nogueira