Dende o 21 de abril ao 27 o colectivo Arte-Lixo como cada ano, celebrou o certame desta volta co título “Bágoas de Serea”. No ARTE LIXO calquera material de refugallo serve para dar vida a unha autentica obra de arte.
Dende o 21 de abril ao 27 o colectivo Arte-Lixo como cada ano, celebrou o certame desta volta co título “Bágoas de Serea”. No ARTE LIXO calquera material de refugallo serve para dar vida a unha autentica obra de arte. Neste ano comezaban xa uns meses antes cunha limpeza da praia de Cesantes, material recollido que en parte serviría para que o noso artista local Kiko Amoedo elaborara a súa obra que vestiría a parede de entrada do multiusos da Xunqueira. O día 20 presentase a exposición “relieves” doutro artista local neste caso Moisés Iglesias Santos .
O día 21 unha trintena de persoas fixeron limpeza da praia de novo xunto as biólogas Marta Pérez i Helena Couñago, que logo da recollida nos porían ao día do estado e do planeta, e como reciclar de xeito efectivo; rematada a charla pasan a improvisar na propia praia unha obra con parte do refugallo recollido. Esa mesma tarde rúas, prazas, escaparates…quedarían vestidos con mais de 70 obras feitas con material de refugallo, durante unha semana que ao final tivo que ampliarse pola gran acollida recibida . Semana na que predominaron os talleres para nenos e visitas guiadas. O sábado 27 iniciábase o día cunha visitas as obras e cunha sesión vermú amenizada cun recital de poesía de micro aberto; e pola tarde actuación do grupo de percusionistas Adaiko que faría as delicias don mais cativos e dos maiores tamén ,para rematar cunha foiliada con micros abertos na que intervirían entre outros Tok, a Banda do Lixo e Paciencia Paradais. Remataba os actos en Ventosela onde se colocaría o Cabalo Furado que perdurará nese lugar alen dos tempos. Segundo a organización xa están a argallar os actos do vindeiro ano.