Non sei si pra encabezar estas liñas e bo recurrir a o refraneiro popular, que tantas veces acerta. E teriamos que dicir, “Despois da tempestade ven a calma”. Isto e o que ocorre, despois das eleccións. Despois desa carreira contra relo de promesas, inauguracións, e ameazas, volven todos a realidade. Hai que buscar o poder o prezo que sexa, como si hai que facer pauto co demo. Aquí os que perden sempre son os paisanos, que tamén teñen parte de culpa por deixarse enganar. Uns votan pola relixión, outros co medo, por que inda que hai (dedocracia). tamén hai medo. Tamén moitos votan por intereses. Dende fai moitos anos, os concellos, as Deputacións, as mancomunidades, enchéronse de enchufados que na vida real, non servían ni para Deus, nin para o demo. Con isto non quero insultar a ninguén. nin quero dicir que son todos. Hai moita xente de moita valía nas nosas administracións. O asunto e que en moitos casos moitos votantes nun pensan na valía dos candidatos. Na maioría das veces a simpatía ou a ideoloxía que todos temos no cerebro, traizoan as expectativas e fainos deixar de ser críticos, e a critica e moi importante na política. A política ten que facernos reflexionar que nos convén mellor a nivel colectivo, pensando coa cabeza e non co estómago. A cousa non e fácil, nestes tempos de globalización social e mental onde vamos camiño do pensamento único esta e a realidade de vida e de países. Os candidatos hoxe mais que nunca, son de cada casa o mellor. Fora os lideiras de turno que ansían cambiar o mundo, por que o que si está claro e que sempre haberá una minoría solidaria e humana que as veces fai milagres sen ir a misa, son aqueles que desenrolan distintas actividades en pro do seu semellante. Pero a maioría dos políticos, son una robótica de experimentos. Se durante o período das campañas, faces un análises sinxelo destes individuos que van na política a todo trapo, date ganas de chorar. O candidato rodeado dos seus sicarios políticos, o mesmo baila, que canta que fai de pallaso. O mesmo ameaza que xura por deus que non entrara en trato cos seus adversarios, os cales descalifica de tódalas maneiras. Despois das eleccións, xa e outro cantar. Aí os temos cada día mentindo e vendendo a súa palabra, e para terminar a súa fodida traizón o electorado, en moitísimos concellos, subíronse os seus soldos en cantidades desorbitadas. En realidade este e xa un mal vello. Para inventar un político novo, tería que nacer un home novo sobre a terra.
Artigos relacionados
Néstor Rego reclama compesacións económicas para os traballadores e traballadoras do sector pesqueiro e marisqueiro afectadas polo accidente do “Blue Star”
10/12/2019
Redacción A Nova Peneira
Novas
Comentarios desactivados en Néstor Rego reclama compesacións económicas para os traballadores e traballadoras do sector pesqueiro e marisqueiro afectadas polo accidente do “Blue Star”
O deputado do BNG acaba de rexistrar no Congreso unha batería de preguntas para coñecer as circunstancias do accidente e o operativo de salvamento que xulga ineficiente […]
Pontón denuncia a incapacidade da Xunta e do Goberno central para defender os intereses galegos fronte os intereses espurios de ENDESA
01/01/2019
Redacción A Nova Peneira
Novas
Comentarios desactivados en Pontón denuncia a incapacidade da Xunta e do Goberno central para defender os intereses galegos fronte os intereses espurios de ENDESA
Pide á Xunta medidas reais contra un “peche brusco” da central de As Pontes que garanta os postos de traballo e futuro para a comarca […]
Pontón sitúa ao BNG como a única forza política con liberdade para abrir un cambio real en Galiza
27/07/2019
Redacción A Nova Peneira
Novas
Comentarios desactivados en Pontón sitúa ao BNG como a única forza política con liberdade para abrir un cambio real en Galiza
Proclama “a vontade clara” do nacionalismo para liderar o país cun proxecto para a maioría social e sen dependencias centralistas […]