O Concello organiza este verán diversas rutas de sendeirismo para divulgar o patrimonio

Rutas de senderismo congelo de Bueu A Nova Peneira

Bueu, 24 de xullo de 2019

As camiñadas terán lugar todos os sábados do 20 de xullo ao 31 de agosto, cons inscricións na Oficina de Turismo

O Concello de Bueu porá en marcha diversas rutas de sendeirismo para a divulgación do patrimonio natural e cultural da vila este verán. Así o salientou hoxe a concelleira de turismo, Silvia Carballo, na rolda de prensa de presentación, na que anunciou que o programa se desenvolverá todos os sábados entre o 20 de xullo e o 31 de agosto. Para a participación das camiñadas, cunha duración de catro horas, as persoas interesadas deberán inscribirse na Oficina de Turismo, no teléfono 986 324 457 ou no correo electrónico turismo@concellodebueu.gal

O 20 de xullo, a saída será desde a praia de Lagos ata Cabo Udra; o 27 de xullo, terá lugar a Ruta dos Pazos, con saída desde a Oficina de Turismo; o 3 de agosto, por Ermelo con saída desde a igrexa; o 10 de agosto polo Sendeiro do Litoral con saída desde a praia de Beluso: o 17 de agosto, pola Ruta dos Abades I, con saída desde a Igrexa de Cela; o 24 de agosto, a dos Abades II desde a Igrexa de Ermelo; e o 31 de agosto, a ruta dos Muíños con saída desde a Oficina de Turismo. Todas elas comezarán ás 9.30 h da mañá.