A s dificultade dos necesarios acordos

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xabier Toba Artigo de opinión A nova Peneira
Xabier Toba Girón. Profesor de física

Seguramente estes días todos e todas andamos dun xeito ou outro, preocupados pola formación ou non do novo governo. E así debe ser. Nestes últimos meses asistimos a unha forte acumulación de procesos eleitorais que comezou aló por abril coas elecións lexislativas e, deseguido, continuou coa celebración de elecións municipais, europeias e autonómicas en moitas comunidades. Estes procesos estiveron fortemente determinados por dous vetores que agora parecen permanecer.Por unha banda ten-se producido un fracionamento do voto, considerado a nivel do estado, que afeita tanto ao bloco da dereita como ao da esquerda. Este fracionamento e unha porcentaxe moi alta de participación, trouxo como resultado o que de todas é coñecido : o PSOE situase como forza máis votada e polo tanto encargada de formar governo. Este governo semellaba basicamente ter que construírse arredor do eixe PSOE-Unidas Podemos que suman 165 deputadas, precisando de certo grado de colaboración de forzas catalanistas e bascas.Por outra banda, o fracionamento de voto no bloco da dereita en tres agrupacións, ten traído consigo a presenza nas institucións dun partido de ultradereita, VOX, que acada un papel doblemente importante. En primeiro lugar constitúese no terceiro socio necesario ás alianzas PP-Ciudadanos, determinando parcialmente o discurso de Pablo Casado e de Albert Rivera. Porén compre considerar unha consecuencia derivada da presenza de VOX e da consolidacións das alianzas a tres: a imposición dun programa de extrema dereita en aspetos que teñen que ver cos dereitos humanos e coas liberdades. En segundo lugar, e como consecuencia do anterior, medra o sentimento de inquietude entre as filas dos votantes e militantes comprometidos coas politicas de liberdade e progreso. A sombra do perfil autoritario permanente da dereita española, toma corpo, fai-se máis real e evidente.Esta evidente ameaza que nace dende as filas da dereita, a súa real existencia, parecía facilitar o camiño do entendemento entre PSOE e Unidas Podemos, camiño que aparecía ainda máis doado logo das declaracións de responsabeis políticos bascos e catalans ofrecendo, sen contrapartida algunha, a facilitación da investidura, sempre que existira o acordo elemental:o acordo entrePSOEe Unidas Podemos, as forzas que ostentarían máximo protagonismo.Pero non. Vai-se pór de manifesto o dificil que resulta chegar a un acordo entre os dous partidos que agrupan a maior representatividade do eleitorado de esquerdas.Non é ademais a primeira vez que acontece o que praticamente certifica unha real incapacidade política.Cando escrebo este artigo, mentres agardo polo eclipse parcial da Lúa, todos os datos indican que , sen desbotar a investidura, parece que fica descartado o governo de coalición.Dous datos certifican esta sensación. O primeiro dato aportouno a executiva do PSOE decantandose por un governo “monocolor” do propio PSOE ainda que abrindo a porta á entrada de ministros “independentes” achegados a Podemos. Compre traer a colación queesta era a posición que dende a celebación das elecións, víña-se abrindo paso nos circulos de influencia que inciden nas decisións da executiva socialista. As persoas que seguimos con certa atención a evolución dos acontecementos estivemos moi atentos ásinformacións e editoriais de medios de comunicación que, sen disimulos, apostaban por un governo monocolor.En todo caso a decisión adoitada pola executiva puña ponto e finalao discurso de Pablo Iglesias reclamando un “governo de coalición”.O segundo dato procede das filas de Podemos. Poucos días despois do acordo da executiva do PSOE e logo dunha reunión, saldada outra volta polo fracaso, con Pedro Sanchez, Pablo Iglesias convoca unha consulta ás súas bases para que se pronuncien sobre a forma do acordode governo. Ao meu modo de ver a forma da pregunta é irrelevante porque calquera observador atento percebe a intencionalidade da decisión. Agora mesmo calquera escenario é posibel en canto á investidura mais ficaaparentemente descartada a coalicióndo PSOEcon Unidas Podemos. Pode aínda así o PSOElograr a investidura fiando a unha abstención do Partido Popularou de Ciudadanosou mesmo de Unidas Podemos, mais enton fica constituído un governo refensen base parlamentar real. Unha situación moito inestabel que case convida a unha nova convocatoria eleitoral para novembrocomo xa teñen reclamado dende a cúpula da patronal.Veremos. Mais fican preguntaenriba da mesa:é tan dificil chegar a un acordo? É realmente imposibel o acordo? Ou non interesa?Sería distinto se as forzas relativas estiveran máis igualadas?Distinta é a situación do noso país. Galiza, un país sometido á permanente e opresiva governanza do Partido Popular, parece fora de toda esta perspetiva de cambios. A ausencia dunha representación de esquerdas e galega propiamente deixa-se notar mais que nunca debido ao importante rol que xogan na atual situación, as forzas políticas catalanas e bascas.Agora ben, as elecións municipais e europeias fixeron manifesto o deterioro do governo de Feijoo e o deterioro da súa base partidaria. Parécense abrir as portas a un cambio de maiorías e parece que pode tomar forma unha alternativa liderada polo PSOE acompañada por outras forzas.Pero neste períodoprodúce-se a descomposición de En Marea que deixa como resultado unha agrupación liderada por Luis Villares, de perfil aínda pouco definido, e pola outra o conglomerado formado por Esquerda Unida e Podemos, aínda en busca de nome , e as duas en busca de identidades recoñecibeis. Non hai moito tempo ate as autonómicas; probablemente entre 10 e 12 meses segundo se comenta nos circulos máis coñecedores das dinámicas internas do PP.Mentres, o BNG, a única alternativa declaradamente nacionalista e de esquerdas,parece seguir unha curva de resultados crecentes,seguramente satisfatorios mais tamén con plena certeza e lamentablemente,aínda insuficientes. As feridas sofridas ao longo dos ultimos 10 anos non estan fechadas nin restituído o prestixio e a capacidade política da esquerda nacionalista que representa maioritariamente o BNG.O caso é que, seguramente o resultado das próximas eleciósn autonómicas vai depender dos movementos que nos próximos meses fagan uns e outros. O PP tentará, coma sempre, de esgotar a lexislatura lanzando unha mensaxe de estabilidade e seguridade á que é moi sensíbel unha parte ben importante do eleitorado galego. O PSOE vai ter que agardar (¡coma sempre¡) ao que aconteza en Madrid si ben Gonzalo Caballero non ficará quedo pois en breve ocupará escano no Parlamento Galego , aumentando logo a súa proxeción pública.Un asunto que a direción do BNG debe considerar.E que acontecerá no abano do nacionalismo? Hai voces reclamando acordos dun ou outro tipo, experimentos en forma de coalición, ou propostas moi aventureiras e nada fiabeis.Enembargantes o camiño ten pegadas no imediato pasado. Durante unha etapa, entre o ano 1990 e o 2012, o BNG foi quen de topar un modelo organizativo e político que favoreceu a confluencia de distintos setores arredor dun proxeto común. A formula non é nova, é coñecida e resultou exitosa, só precisa da vontade de integración e deacordo.A que agardamos?En todo caso agora, nas vesperas do 25 de Xullo, esa data que une os anseios dos que acreditamos nunha Galiza livre, convoca-nos a todos e todas en Santiagopara convivir e partillar ilusións para un futuro moi cercano que pode significar o declive da dereita e a construción dun governo de coalición alternativo. Mais atención. O que está acontecendo en Madrid indica a vontade última, por outra banda ben coñecida e nada oculta, do PSOE. Os nacionalistasgalegostemos a oportunidade agora de comprobar a evidente intención do PSOE de dirixir e liderar en solitario a alternativa ao Partido Popular. De nos dependerá, en boa medida, que o peso do BNG se deixe sentir. Os acordos necesarios, tras as eleicións autonómicas, precisan dunha representación forte e numerosa do BNG, pois do contrario o PSOE sentirá a atración do governo monocolor.Queda tempo para anovar esforzos e compromisos, para deixar atrás episodios pasados pensando nas oportunidades do imediato futuro,e para facer moi presente a presenza da esquerda nacionalista e nominalmente de quen hoxe ten a súa única representación, o BNG.Desta representación, do seu número e da súa forza, vaidepender que se produzan os acordos necesarios para constitucióndun governo alternativo ao Partido Popularno que a esquerda nacionalista teña o peso que desexamos.