A Xunta presentou onte unha convocatoria de 20 prazas para o Festival da Luz para traballar gratis a cambio dunha entrada sen cobertura de transporte nin aloxamento
Santiago, 28 de agosto de 2019
Para
o grupo parlamentario En Marea o programa SON Voluntario da Dirección
Xeral de Xuventude en colaboración coa Asociación Empresarial de
Festivais de Galicia, leva funcionando todo o verán como unha
práctica encuberta de aforrar custes de persoal a cambio dunha
entrada e un certificado de “experiencias voluntarias”.
A
deputada Paula Quinteiro, que xa presentou varias preguntas á Xunta
no momento en que se anunciou o programa e que continúan aínda sen
resposta, considera unha “práctica perversa amparada por unha
administración pública que emprega o voluntariado para favorecer o
lucro privado”.
Para Quinteiro sería interesante
coñecer “cantos postos de traballo se están perdendo con esta
proposta de voluntariado que non contempla a realización de ningunha
labor altruísta e que nen sequera cubre nin os gastos de aloxamento
nin de transporte”.
Dende o grupo parlamentario
ínstase á Xunta de Galicia a que, dado que colabora con estas
prácticas, cando menos estableza algún tipo de inspección e
elabore un informe de cada un dos festivais que se acolleu ao
programa este verán para coñecer que tipo de traballo asumiu no
evento o persoal voluntario e se foi empregado para substituir postos
de traballo remunerados.