O Concello de Tui aposta pola mellora da seguridade e os servizos nas súas praias fluviais

Praia Fluvial Tui A Nova Peneira

Vén de ser balizada a praia de Areeiros cun investimento de 3.700 euros de fondos propios

Tui, 26 de agosto de 2019

O Concello de Tui aposta pola mellora da seguridade e os servizos nas praias fluviais do municipais, co obxectivo de pór en valor estas espazos.

Plantéxanse unha serie de medidas a curto e medio prazo. Así vénse de colocar balizamento na praia de Areeiros en Guillarei, tras contar cos pertinentes permisos das distintas administracións. Nesta actuación realizouse un investimento de 3.700 euros de fondos propios.

Xa de cara a 2020 o Concello solicitará reunirse con Costas para abordar as actuacións a realizar. Amais a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra buscarase o financiamento para a mellora dos servizos aos areeiros tanto nos accesos, incluíndo o acceso para persoas con discapacidade, coma coa colocación de duchas.