Eleccións xerais 10 de novembro

BNG 10N A Nova Peneira
A EXECUTIVA DO BNG celebra a acta de Néstor Rego, ao lado de Ana Pontón

O NACIONALISMO GALEGO VOLVE AO CONGRESO,O NACIONALISMO NAS NACIÓNS SEN ESTADO É CADA VEZ MÁIS FORTE, E A IRRESPONSABILIDADE DO PSOE PROPICIA QUE A EXTREMA DEREITA SEXA TERCEIRA FORZA EN ESPAÑA

RESULTADOS
PSOE 120
PP 88
VOX 52
UNIDAS PODEMOS 35
ERC 13
CIUDADANOS 10
JXCAT 8
PNV 7
EHBILDU 5
MAS PAIS 3
CC 2
NA+2
BNG 1
PRC 1
TERUEL EXISTE 1
ABRIL
PSOE 123
PP 66
VOX 24
UNIDAS PODEMOS 42
ERC 15
CIUDADANOS 57
JXCAT 7
PNV 6






Quixera tirar catro conclusións desta noite electoral, primeiramente salientar que 120.000 galegas e galegos optaron este 10 de novembro porque o nacionalismo galego volvera ter voz en Madrid, na persoa do profesor Néstor Rego Candamil. Dicía o xa deputado electo nas nosas páxinas do mes de outubro que o proxecto do BNG estaba artellado para as maiorías sociais de Galiza, que cada galega e cada galego, fosen ou non nacionalistas, podía ter a certeza de que os seus intereses serían defendidos con intensidade e con lealdade, e non nos cabe ningunha dúbida de que así vai ser. Por outra banda tamén considero necesario facer ver como o nacionalismo das nacións que compoñen o reino de España amosa a súa afouteza e faise ver como unha realidade palpable, sube en Catalunya, sube en Euskadi e sube, dunha maneira moito máis modesta, pero tamén o fai, no noso país. Millóns de persoas non se senten cómodas coa forma coa que está articulado o reino de España, e o sensato e tratar de construír realidades que posibiliten a comodidade de todas e todos, a outra posibilidade son as ilegalizacións, as porras, e os cárceres, unha vez máis a decisión estará nas mans do partido socialista. No que se refire aos resultados globais do estado, dicir que cando Ciudadanos presentou a súa agrupación de Redondela, A Nova Peneira titulaba “A EXTREMA DEREITA CHEGA AO NOSO POBO” e seica non andamos moi desencamiñados, o partido do IBEX perde 47 escanos e VOX gaña 28 , de onde veñen senón de ciudadanos?, e o partido popular aproveita tamén o afundimento dos extremistas Albert Ribera e Inés Arrimadas e acada unha suba de 22 actas. A irresponsabilidade do PSOE e en concreto do seu SX ao non querer formar un goberno de coalición con Unidas Podemos, propiciou que a extrema dereita explícita do estado teña máis de 50 representantes e sexa unha das máis fortes de Europa. Dicía Pedro Sánchez que non podería durmir tranquilo con ministros de Podemos, e non sei se agora poderá gozar dun sono reparador, o que si sei é que amosou unhas doses de irresponsabilidade máis propias dun adolescente ca dun político que pague a pena. Veremos se aprendeu a lección e faille caso ás súas bases dunha vez, malia que o seu discurso da noite electoral impreciso e cheo de significantes valeiros, non parece que deixe albiscar moita esperanza. E por último lembrar que, no noso país a suma de votos da esquerda “ PSOE,UP,BNG,MAS PAIS 782.382 supera aos 643.813 resultado de sumar os do PP,VOX E C,S, en 138.569 cómpre traballar moitísimo e non desaproveitar a ocasión para que nas vindeiras eleccións autonómicas remate o nefasto período de Feijoo.